PROXECTOS
▼
sábado, 30 de maio de 2015
sábado, 23 de maio de 2015
TITIRICIRCUS
MOITOS PARABÉNS A FERNANDO, ANXO E ANTÓN DE 1º POLA MAGNÍFICA LECTURA NA BIBLIOTECA DO CONTO
" TITIRICIRCUS" HAI QUE VER QUE O VOSO ESFORZO DE TÓDOLOS DÍAS VALE A PENA MOITÍSIMO.
POR SUPOSTO, MOITOS PARABÉNS PARA OS TITIRITEIROS: Jacoabo, Marcos, Manu e Brailín, XA QUE APORTARON MOITA ALEGRÍA, RISAS E ACCIÓN Á LECTURA. O TRABALLO EN EQUIPO É O MELLOR DO MUNDO!!!!
martes, 19 de maio de 2015
rutas urbanas, María Pita
Los monitores muy contentos del magnífico comportamiento y de lo mucho que saben nuestros niños.
Un día, como siempre, para saborear.
domingo, 17 de maio de 2015
RUTAS URBANAS: MARÍA PITA
Na saída do venres, pasámolo de marabilla...había moita xente na praza, entre outras persoas, moitas procedentes dun grandioso trasatlántico atracado no porto.
mércores, 13 de maio de 2015
EXPOSICIÓN NA FUNDACIÓN. RÚA CANTÓN GRANDE
Picasso e o seu mestre na Coruña. Isidoro Brocos
A particularidade desta mostra é que dirixe o foco de atención cara a unha figura, Isidoro Brocos (1841-1914)
Resulta fundamental coñecer e poñer en valor eses anos da súa infancia, desde os 10 aos 14, nos que o novo Pablo Picasso, toma os pinceis de mans do seu pai, nun acto case simbólico, e recibe unha primeira formación artística regrada, académica.
O principal responsable da súa formación sería Isidoro Brocos, profesor na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, na que se matricularía o novo alumno Pablo Ruiz Picasso.
A Isidoro Brocos definírono como un exemplo tardío do realismo, artista académico e rexionalista, pero na arte galega representa, ademais, todo un modelo do individuo moderno, tanto nos seus ideais como no seu sentimento estético.