PROXECTOS

mércores, 27 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

No cole, un ano máis adicamos tempo para coñecer máis de Rosalía de Castro.  Recibimos unha proposta dende a Biblioteca do cole para buscar versos  da nosa Rosalía que comezasen polas letras do abecedario ou tamén inventados polos nenos e nenas e con todos eles elaboraron este bonito vídeo no que participamos todas as aulas do cole.



O luns 26 todos os nenos e nenas do cole, reunímonos no salón de actos de educación infantil para celebrar ter unha escritora coma Rosalía.  Foi moi bonito estar xuntos todos e todas. Escoitamos recitar a compañeiros de 6º e tamén nós, nunha representación dos segundos(A,B,C)  participamos neste recitado e disfrutamos dun concerto moi íntimo con ROSA CEDRÓN. Podes velo eiquí. 

mércores, 13 de febreiro de 2019

exposición de invertebrados

Hoxe subimos á clase de 5ºB invitados polo profe Manu para disfrutar dunha marabillosa exposición sobre invertebrados mariños.
Aprendemos moitas cousas e gustounos moitísimo. Grazas, Manu. 
Para ver os vídeos preme na foto.

ciencias naturais

Carlota trouxo á nosa clase unha flor  feita na casa coa axuda da súa mamá  para ver moito mellor as súas partes.
Moitas GRAZAS.



venres, 8 de febreiro de 2019

Este ano o tema inspirado para o entroido céntrase no bicentenario do Museo do Prado, polo que os alumnos e alumnas de primaria iremos disfrazados de cadros.

Nos segundos eleximos  a LENDRO LAMAS  e eleximos o cadro titulado A VODA.

mércores, 6 de febreiro de 2019

Xuízo ao lobo

Hoxe estivemos na biblioteca municipal dos Rosales.
Fomos invitados polas bibliotecarias.
 Lorena e Clara nos fixeron vivir un tempo marabilloso facendo un xuizo ao lobo do que saiu ABSOLTO.

Podes ver parte da nosa visita á biblioteca neste ENLACE
Cando chegamos á clase fixemos unha avaliación da actividade. Todos nós coincidimos en que lle damos a máxima puntuación.

venres, 1 de febreiro de 2019

Una sopa de piedra

Hoy Carla nos leyó en voz alta el cuento de UNA SOPA DE PIEDRA.
Todos sabemos que hay lobos malos muy malos...ahora bien, hay lobos buenos?



Las bibliotecarias de los Rosales ya nos enviaron una carta que leímos en la clase y nos invitan a un juicio al lobo.

Pensaremos sobre ello. Por ahora, buscamos cuentos donde aparezca el lobo. Hoy conocimos a un lobo bueno y diferente.





Si queréis recordar el cuento que leímos aquí lo podéis ver y escuchar.