PROXECTOS

mércores, 26 de decembro de 2012

EL PAPAGAYO DEL SEÑOR HULOT

A editorial KALANDRAKA edita un libro titulado O PAPAGAIO DE MONSIEUR HULOT que no cole serviunos para facer un xogo de probas que entregamos na Xanela o último día de clases.
 Os de 4º fixemos a proba de atopar os elementos da peli que aparecen no libro e hai moitísimos!!! Tamén atopamos escenas ruidosas, misteriosas, evocadoras, cómicas. Ademáis atopamos no libro elementos que son da nosa época e que non existían no tempo da peli. Escollemos dúas escenas ruidosas e  de olores das que fixemos unha descripción e finalmente intentamos facer unha canción coa música da peli. Pasámolo de marabilla e aprendemos moitas cousas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario