PROXECTOS

venres, 17 de xaneiro de 2014

empezamos con VARI CARAMÉS e a foto "COMPOSTELA"

Hoxe comezamos co proxecto de FOTOGRAFÍA EN CURS. 

Fomos ver a  exposición de fotografía  que temos no cole titulada ESPAZOS BALEIROS fotografados polos nosos compañeiros o curso pasado. As miramos en silencio e escollemos a que máis nos
gustou, mirando o título e o autor.     





A continuación Lola e Crhistian fixeron unha descrición da foto e os demáis, que non a vimos,  a debuxamos imaxinando o que eles nos contaban...saíron debuxos estupendos.Logo de facer esta observación estivemos observando, reflexionando e despois falando sobre o que pensamos acerca desta  fotografía 

Despois escribimos o que sentimos ao ver esa foto...uns sentiron soedade, outros tristeza, curiosamente outros alegría, como Yago Lodeiro porque lle fixo pensar na súa avoa cando foi a Compostela andando...que bonito, que diversisdade de visións e de sentimentos. Algúns falaron das cores, grises, brancos e negros, do frío que facía porque no verán non están empañados e falaron de ESCALOFRÍOS... 
por iso, este fin de semana hai traballo en equipo e levamos unha folla para comentar en familia sobre a metereoloxía e a fotografía...suxerencias????

CLICADE NA FOTO DO GATIÑO E IREDES DIRECTAMENTE AO ENLACE DE FOTOGRAFÍA EN CURS ONDE TENDES TODA A INFORMACIÓN E ALGÚNS TRABALLOS SOBRE ESTA FOTO DE VARI CARAMÉS. 




2 comentarios:

  1. Que fermosas palabras adicades todos de vos a unha das máis fermosas prazas desta cidade da que tantos bos recordos temos todos.

    Apertas e moitos bicos a tódolos "saltinbanquis", e as marabillosas mestras Luz e Isi.

    Carmen F.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Carmen. Os saúdos xa foron dados e eles tamén envíante moitos bicos e apertas.

    ResponderEliminar