PROXECTOS

mércores, 14 de maio de 2014

UNHA MAÑÁ NO MUSEO DE BELAS ARTES



ARTE EN MOVEMENTO

Nivel 1º ciclo de primaria

Duración 1 h 30 min

Obxectivos

- Iniciarse e familiarizarse cos museos
- Coñecer de primeira man diferentes manifestacións artísticas que se produciron ao longo do tempo
- Interpretar as imaxes na procura do significado da representación artística
- Estimular a imaxinación e a creatividade a través da observación dos cadros e esculturas
- Fomentar a participación e o diálogo dentro do grupo


Desenvolvemento da actividade

Neste percorrido veremos cadros e esculturas ‘en movemento’, nos que se representa unha acción. Pezas de diferentes épocas e estilos a través das cales os alumnos terán que descubrir que é o que a imaxe nos está a narrar.

A través dos cadros Aquiles descubrindo a Ulises e A caída de Ícaro, coñeceremos fascinantes historias da mitoloxía grega. A pintura costumista tamén xoga un papel importante neste percorrido, no que comentaremos obras como os Os xogadadores de cartas e O boieiro Castelán.

Dentro da arte contemporánea e actual, coñeceremos algunhas pezas nas que xoga un papel fundamental a estimulación da observación e da imaxinación como unha forma de achegarse ao mundo da arte. A Mariña Surrealista de Urbano Lugrís, a serie On the Move de Roberto González e a Nora para xentís peixes e xentís sonos de Paco Pestana serán algunhas das pezas que tamén traballaremos no percorrido. 

No obradoiro traballamos cunha lámina de A tenda de Carlos Maside, que teremos que encher de cores a través da pintura e do collage.

4 comentarios:

  1. Espero que o pasaran moi ben na saída, e que aprendan todos moito sobre o arte. E lembrade, non só a pintura é arte!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Anna. É certo que aprendemos moitas cousas e moi ben a túa aclaración de que non só a pintura é arte. Biquiños.

      Eliminar
  2. Sara:me encanto esa visita

    ResponderEliminar