PROXECTOS

luns, 23 de maio de 2016

homenaxe a Manuel María

Cunha gaiola e moitos soños saímos o venres ao patio para celebrar as nosas letras galegas, este ano adicadas a Manuel María.

@s nenos e nenas da clase de Marica cantaron moi contentos o poema do "caracol",  @s da clase de Maite, " o meu burro" e @s da clase de María José cantaron o "cuco cucón".

O resto dos nen@s collemos un barco de xoguete e tamén soñamos viaxando sen saír do noso fogar.

Despois da música representantes das clases leron un soño da gaiola.

Javi, de 4º ao finalizar preguntou que ía pasar co resto dos soños...pois buscaremos un tempo e un espazo para ceibalos e que voen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario