PROXECTOS

venres, 15 de maio de 2020

ao rematar a tarefa de hoxe...revisamos a proposta da biblioteca dos Rosales



Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña pedímosche que te sumes á campaña que se desenvolverá do 11 ao 17 de maio empregando o cancelo #DesconfinarALingua cunha imaxe na que tapamos a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.

Con todas elas as BMC elaborarán unha guía de lectura á que teredes acceso desde a nosa páxina web, pedímosvos por iso que ademais de subir ás vosas redes sociais a fotografía que saquedes, nola fagades chegar a través deste correo.

Un saúdo cordial,​
---
Sira González Rodríguez
Biblioteca Municipal Os Rosales
Tlf.: 981 184389. Ext.: 45314

  clica na imaxe e A VER SE VOS ATOPADES OU RECOÑECEDES ALGÚN AMIGO-A, OU ALGUNHA LECTURA INTERESANTE...xa hai moitos máis...



este libro xa o leron varios da isiclase...quen?

é doado facer unha foto co teu libro na nosa lingua e que papá ou mamá o envien ao correo que está enriba escrito e ao meu para colgar eiquí todas as vosas fotos. Bicos e ata mañá se Deus quere

EIQUÍ CHEGAN NOVOS COMPAÑEIROS, ÁNIMO 

COIDADO, IAGO COS VAMPIROOOOOOS!!!!
QUE COQUETA ESTÁ SARA TAN BEN CONXUNTADA !!!
Benvida Lía!!!!
Bravo, nova lectura...nova aportación, Nico!!! 
Moi ben, Eva aventurera, sempre cos teus animais!!!
Outra nova contribución, Víctor!!!!
Carlota!!! Ti tamén recomendas, beeen!
Bravo tamén pola recomendación de Miguel

Ningún comentario:

Publicar un comentario