PROXECTOS
xoves, 26 de novembro de 2020
isto é motivación
sábado, 21 de novembro de 2020
Isaac e Lucas
Como vai moi bo tempo e no cole nos agasallaron cunhas sementes, Lucas e Isaac, aos que lles encanta todo o relacionado coa terra foron plantalas.
Agora a esperar polo proceso de crecemento. Esperamos resultados.
Actividades da fin de semana
A Lía gústalle ensinar o bonito debuxo xunto ao seu amigo.
e tamén a lagartixa que o seu papá capturou e que logo deixaron libre.venres, 20 de novembro de 2020
aumentamos a familia
O sábado 14 de novembro nace Andrés.
Con gran felicidade é recibido na casa por Alexa, Aaron e polos seus papás.
Nós tamén compartimos a felicidade ao ver a Alexandra tan emocionada e contenta de ter un novo irmán, xunto con Aarón que tamén está moi contento.
Moitos parabéns e grazas por compartila
xoves, 19 de novembro de 2020
os avós que marabillosos!!!!
Mateo fixo este debuxo co seu avó e se sinte tan orgulloso que quixo mostarlo a toda a isiclase.
xoves, 12 de novembro de 2020
Todos temos soños
A Isaac e a Lucas gústalles entrar no isidisfrutamos e cando ven a un home enriba dun dinosaurio eles pensan que lles encantaría tamén montar nun delfín...os soños cúmprense soamente hai que saber esperar...
eu tamén tiña ese soño, meus queridos e co paso do tempo Duendisi conseguiume nadar e subir enriba dun marabilloso delfín
Bicos e ata mañá.
Dinosaurios no país veciño de Portugal
Seguro que un soño feito realidade...Xa podedes ver a Laura e a súa irmá a carón do DIPLODOCUS que é un dos dinosaurios máis facilmente recoñecibles e do que posuímos o esqueleto completo.
martes, 10 de novembro de 2020
Unha casiña para Ratón Pérez
Dani comparte con nós a casiña que lle fixo ao Ratonciño Pérez para cando veña a visitalo e nin máis nin menos que está feita coas pezas do LEGO...temos que pedirlle aos Reis Magos e a Papá Noël que nos traia uns cantos LEGOS para xogar cando rematamos as nosas tarefas...
Mirade ben, mirade ben que debaixo da casa de Ratón Pérez hai un libro de Dinosaurios...misteriooooo
Por certo, hoxe nos di Dani que non son LEGOS que son pezas de construcion.
luns, 9 de novembro de 2020
Unha de dinosaurios e xogo de cartas
Como falamos na isiclase dous visionados para hoxe pola tarde:
A película documental sobre os dinosaurios que tanto vos gustan, especialmente a Dani e a Max...sí, sí, e a ti tamén e a ti....e a ti...
e o xogo da ESCOBA contada polo profesor Nico (alumno do curso pasado da isiclase, actualmente en 3º A) explicado no curso pasado na
nosa proposta da isiclase de toma de decisións
Seguro que algúns de vós xogades cos vosos papás e sobre todo cos vosos avós a este xogo de cartas
venres, 6 de novembro de 2020
Moitos parabéns.
Hoxe Antía entra na isiclase feliz anunciando que é o seu cumpreanos.
Cantamos e disfrutamos.
Feliz día Antía.
mércores, 4 de novembro de 2020
UNIDADES E DECENAS...e repaso da suma
Estamos aprendendo o que son as UNIDADES e as DECENAS.
Hoxe xogamos na clase coas unidades e formamos e debuxamos decenas de cousas
Para seguir aprendendo déixovos algún video para reforzar o aprendido. Bicos
que é unha UNIDADE?
que é unha DECENA?
luns, 2 de novembro de 2020
as lambetadas de Lía e a súa irmá e a cabaza de Julia
Nesta fin de semana tamén Lía coa súa irmá adicou tempo a facer lambetadas que comparte con todos nós. MMMMMM!!! boísimas.