Nós visitan

xoves, 26 de novembro de 2020

isto é motivación

é máxico o que fan @s nen@s da isiclase, empezamos coas vogais e xa sabemos escribir os números tal e como se len...está claro que hai moita, moita atención e ganas de aprender.
Moitas grazas Ramón e moitos parabéns. 
Vaia sorriso máis marabilloso!!!!!

 

sábado, 21 de novembro de 2020

Isaac e Lucas

 Como vai moi bo tempo e no cole nos agasallaron cunhas sementes, Lucas e Isaac, aos que lles encanta todo o relacionado coa terra foron plantalas.






Agora a esperar polo proceso de crecemento. Esperamos resultados.


Actividades da fin de semana

 A Lía gústalle ensinar o bonito debuxo xunto ao seu amigo.

e tamén a lagartixa que o seu papá capturou e que logo deixaron libre.


venres, 20 de novembro de 2020

aumentamos a familia

O sábado 14 de novembro nace  Andrés.

Con gran felicidade é recibido na casa por Alexa, Aaron e polos seus papás. 

Nós tamén compartimos  a felicidade ao ver a Alexandra tan emocionada e contenta de ter un novo irmán, xunto con Aarón que tamén está moi contento.

Moitos parabéns e grazas por compartila



xoves, 19 de novembro de 2020

os avós que marabillosos!!!!

 Mateo fixo este debuxo co seu avó e se sinte tan orgulloso que quixo mostarlo a toda a isiclase. 

Parabéns



xoves, 12 de novembro de 2020

Todos temos soños

 A Isaac e a Lucas gústalles entrar no isidisfrutamos e cando ven a un home enriba dun dinosaurio eles pensan que lles encantaría tamén montar nun delfín...os soños cúmprense soamente hai que saber esperar...



eu tamén tiña ese soño, meus queridos e co paso do tempo Duendisi conseguiume nadar e subir enriba dun marabilloso delfín


Bicos e ata mañá.

Dinosaurios no país veciño de Portugal

Seguro que un soño feito realidade...Xa podedes ver a Laura e a súa irmá a carón do DIPLODOCUS que é un dos dinosaurios máis facilmente recoñecibles e do que posuímos o esqueleto completo.

martes, 10 de novembro de 2020

Unha casiña para Ratón Pérez

 Dani comparte con nós a casiña que lle fixo ao Ratonciño Pérez para cando veña a visitalo e nin máis nin menos que está feita coas pezas do LEGO...temos que pedirlle aos Reis Magos e a Papá Noël que nos traia uns cantos LEGOS para xogar cando rematamos as nosas tarefas...

Mirade ben, mirade ben que debaixo da casa de Ratón Pérez hai un libro de Dinosaurios...misteriooooo


Por certo, hoxe nos di Dani que non son LEGOS que son pezas de construcion.

luns, 9 de novembro de 2020

Unha de dinosaurios e xogo de cartas

 Como falamos na isiclase dous visionados para hoxe pola tarde:


A película documental sobre os dinosaurios que tanto vos gustan, especialmente a Dani e a Max...sí, sí,  e a ti tamén e a ti....e a ti...



e o xogo da ESCOBA contada polo profesor Nico (alumno do curso pasado da isiclase, actualmente en 3º A) explicado no  curso pasado na 

nosa proposta da isiclase de toma de decisións


Seguro que algúns de vós xogades cos vosos papás e sobre todo cos vosos avós a este xogo de cartas


Lembrade ler a páxina da letra S


venres, 6 de novembro de 2020

Moitos parabéns.

Hoxe Antía entra na isiclase feliz anunciando que é o seu cumpreanos. 

Cantamos e disfrutamos.

Feliz día Antía.






mércores, 4 de novembro de 2020

UNIDADES E DECENAS...e repaso da suma

 Estamos aprendendo o que son as UNIDADES   e as DECENAS.

Hoxe xogamos na clase coas unidades e formamos e debuxamos decenas de cousas


Para seguir aprendendo déixovos algún video para reforzar o aprendido. Bicos


que é unha UNIDADE?


que é unha DECENA?


tamén lembramos as sumas xa facemos tan ben  



agora a xogaaaaar!!!




luns, 2 de novembro de 2020

as lambetadas de Lía e a súa irmá e a cabaza de Julia

 Nesta fin de semana tamén Lía coa súa irmá adicou tempo a facer lambetadas que comparte con todos nós. MMMMMM!!! boísimas.






Tamén Julia fixo unha fermosa caveira de cabaza