Nós visitan

martes, 31 de marzo de 2020

Bo día!!!

DEBIDO A UN ERRO INFORMÁTCIO DE COMPLEXA EXPLICACIÓN 😍 HOXE ESTA ENTRADA XA SAE PUBICADA NESTE INTRE!!!!

Como sabedes, a actividade  do "palco da música"  para aprender a falar en público co obxectivo, entre outros, de perder o medo escénico,  é os luns.  

É de agradecer a vosa resposta a participar dende a  vosa casa, nesta actividade voluntaria no tempo  de "paradón"  como di a nosa protagonista de hoxe.

Neste tempo de  "quedonacasa" vou colgar o palco da música dos que queredes contar o voso día.

Tal  e como o practicamos na isiclase, lembrade falar claro, facer os xestos necesarios cando falades.
Neste caso, como non temos ao público diante, tendes que  mirar á cámara que é onde nós estamos para vervos e sorrir, moi importante, sorrir!!!!

O estades a facer, moi ben!



Avanzamos...martes 31de marzo. A piques de empezar xa Abril. 

No horario temos lengua, matemáticas, naturais, educación física  e valores.

Seguimos o noso ritmo. Comezamos xa a lectura do libro elexido.

Logo facemos as materias que nos tocan según onde vaia cada un ou cada unha.

Recreo

Para valores hoxe outro corto 



Moitos bicos.




Educación Física y diversión


Moi ben, moi ben. Aquí está Emma e a súa irmá, como todos vós hoxe facendo educación física...Carlos está moi contento sabendo que estades traballando na casa...




hai que buscar o equilibrio...






e o equilibro imos atopalo pola tarde cando adiquemos o noso tempo a xogar ás cartas, a facer debuxos, plastilina, xogar coas bonecas, cos coches, facer algo de cociña, tocar o piano, o teclado, a viola, o fagot...










Nico!!! que ben.
Duendisi acaba de informarme de que fas ESCOBA, levas dous OUROS e por riba o SETE VELOS, os que xoguen contigo, van apañados!!!😂 😂












ou estando ao fresco como Ana e Eva que teñen un espazo aberto e pechado. 



Ata mañá e seguimos xuntiños ás oito cos nosos aplausos👏👏👏👏👏👏👏👏

luns, 30 de marzo de 2020

preferencias lectoras

Atención!!!!!!  👀

Como dixen hoxe saen os resultados das eleccións de libro de lectura para esta semana.




Víctor /Miguel coinciden en gustos lectores: El vagón del paleolítico😀
Carlota / Nico  coinciden en Atlas de América Central y Caribe😀

Ana  /Elba coinciden tamén en esta elección " Colorandia "😀
Lía / Martín y el concurso de cocina😉
Eva/ El lápiz que quería escribir solo😉
Rafael Alcalde /  Caracol, el caracol viajero😉
Emma/ Mitología para todas las edades😉
Natalia está leyendo en el libro de LECTURAS de su hermana cuando estaba en segundo. 😮

A páxina  dos libros está en isidisfrutamos, na entrada do 16 de marzo.  





Como premio podedes ler o conto da vosa elección. Cada día dúas páxinas, confío en vós. Ao rematalo, facemos a ficha da biblioteca que xa sabedes onde descargala e a enviades para que a vexa. 

Moitos bicos e moitas grazas a todos  polo voso compromiso...isicumplimos.

Hoxe nos meus aplausos inclúo aos papás, mamás, avós, avoas, irmans e irmás que cada día vos axudan a seguir avanzando. 

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏








UN TECHO DE ESTRELLAS

Aquí llega la primera entrega del libro. Muy bien, Lía👏



Buenos días!!!!

Buenos días a todos y todas!  Deseo que hayáis tenido un fin de semana emocionante, especialmente para el cumpleañeros, Rafa Irijoa...y esperamos hayas visto el mensaje de cumpleaños de tu amigo Bruno.

Por aquí todo bien.
Gatisi con sus trastadas, Duendisi contándome muchas cosas de lo que hacéis por casa, sobre todo me cuenta que lo estáis haciendo ¡¡¡¡muy bien!!!!

Yo muy contenta de lo que esta etapa nos está permitiendo vivir, a pesar de lo difícil que es. 

Elba y yo tenemos una cita a las ocho de la tarde todos los días. 

Nos vemos con los prismáticos y nos lanzamos besos, sin embargo, pensamos en todos y todas los de la isiclase por eso Elba nos dedicó este gran mural para que nos animemos y sepamos que a esa hora estamos TODOS JUNTOS EN CASA. 






Hoy vamos a hacer como todos los lunes el palco de la música, para seguir practicando el hablar en público... a quién le habrá tocado empezar????



Vuestra progresión continúa avanzando, por ello, hoy tenemos lengua, matemáticas y lingua.


  • Recordemos  que todo el material de clase está en la web del colegio.


Después el recreo.

Lectura silenciosa  de cuento libre.

A continuación  Naturais, o tema dos animais.

Finalmente inglés.

Como siempre seguimos la organización que en casa se ajuste a vuestro ritmo de trabajo y situación personal de papá, mamá, hermanos-as.

Más tarde os diré los votos de los libros de lectura que fuisteis eligiendo.

Cuando tengáis las fichas de la biblioteca terminadas del cuento UN TECHO DE ESTRELLAS, si queréis le hacéis una foto y me la enviais para verla.

Mucho ánimo!!!!

Ya os contaré cosas que han ido pasando y que Duendisi me va contando. 



sábado, 28 de marzo de 2020

EN LA UNIÓN DE LA DISTANCIA, LA DISTANCIA UNIDA

Moitos parabéns Rafa Irijoa!!!!

De novo, actívase o traballo en EQUIPO.

Agradecemos todos, os da isiclase, á mamá de Xiana Pallas, Rocío a coordinación e elaboración deste precioso vídeo.

Estou segura que hoxe facemos moi feliz tamém a Rafa!!!! 



Sorpresa, sorpresa, chegou a felicitación de Bruno...


Moitos bicos e moi boa fin de semana de merecido DESCANSO.
Aproveito esta oportunidade para dicirvos que xa teño moitas eleccións de libros de lectura e sei moitísimas cousas vosas a través de Duendisi que seguro que en breve vos vai dar unha das súas sorpresiñas.

De parte de Carlota...MUCHAS GRACIAS A TOD@S

venres, 27 de marzo de 2020

EN LA UNIÓN DE LA DISTANCIA, LA DISTANCIA UNIDA

FELIZ CUMPLEAÑOS. 

Muchas gracias a la iniciativa de nuestras FAMILIAS, que haciendo, trabajo EN EQUIPO , hacéis muy feliz a Carlota el día de su tan esperado cumpleaños. 

Muchos besos de todas y todos....




Este equipo completo de la isiclase agradecemos a la mamá de Elba, Isabel, la coordinación y elaboración de este precioso vídeo.

Cuida mucho a Gatisi, Xiana y felicidades por esa interpretación al teclado!!!!

Los compañeros y compañeras que están ausentes en el vídeo te desean igualmente un muy muy feliz cumpleaños...sabes, Carlota que es complicado llegar a todos en esta situación.

sabor e saber

A profe Conchi, profesora de 5º e  xefa de estudos do cole visita o noso isidisfrutamos e tamén aporta boas ideas...DEBUXO CO QUE COCIÑO

Se vos apetece  facer en familia!!! Papá, mamá ou os teus irmáns poden facer a parte máis complicada e vós podedes poñer a vosa CREATIVIDADE dándolle o fondo... despois facede unha foto e ma enviades para poder colgalas. Que vos parece?   



UN PAXARIÑO




UN CARBALLO





UN CAN

A Lía encantoulle a idea e por iso fixo o carballo.
Mirade que precioso. 
Parabéns.



Por certo, a Conhi encantoulle. 

un día esperado

día familia.

Hoxe  é venres, moi ben!!!  👏👏👏👏

Xa chega a fin de semana para descansar e desconectar e polo tanto de premio polo voso traballo e esforzo da semana, non hai tarefas, continuamos coa lectura, eso sí.

Xa teño varias opinións sobre algúns libros, aínda falta xente por opinar...tendes ata o domingo...


Seguimos o horario de hoxe. 
Música na primeira hora...tendes moito onde elexir no blogue.
Despois matemáticas, elexide as fichas que tocan como fan Iago e Sara, porque o luns xa iremos sobre cousas máis concretas, xa no libro de clase.






A continuación valores e relixión

Hoxe un conto especial...el viejo puente...reflexionamos sobre él. Facemos debuxos como Lía, eses tan bonitos e creativos. 






Agora sí, a xogar, a plantar, a rir, a saltar, a merendar...mirade Eva. 





Finalemente plástica, igual que Rafa, a facer manualidades e disfrutar con elas. 



Remata a semana. Moitos parabéns polo voso traballo. 💋💋💋💋

Por cierto, onde está Gatisi??? 👀 👀 
ELBA TES QUE AXUDARME A ATOPALA!!!!

LEMBRADE ELEXIR UN LIBRO, NICO,VÍCTOR E ALGÚNS MAIS XA ME DIXERON...
Como xa rematamos o TECHO DE ESTRELLAS hoxe déixovos o enlace da páxina de onde o saquei para que vós elixades o seguinte. Tendes que poñerme, se podedes, nos comentarios do isidisfrutamos ou polo correo que teñen os papás, un título e o que máis votado sexa vai ser o seguinte. Se non hai respostas entendo que estades a ler libremente. Grazas!!! 

xoves, 26 de marzo de 2020

ROALD DAHL e asuntos varios

Bo día!!!
Que tal estades hoxe?
Onte escribiume Víctor e gustoume moito saber o que estades a facer.

O calendario, como sempre, a primeiriña hora e ademáis compartindo cos vosos irmáns. Que riquiños!!!

Hoxe, xa rematamos o conto de UN TECHO DE ESTRELLAS, os gustó? Xa teredes a oportunidade de dicirmo. 

 Podedes descargar a FICHA DA BIBLIOTECA para facer  e ter un rexistro de cantos libros ledes. Volvo lembrar que podedes facela a man se non queredes imprimir.

Sei que algúns, como Víctor estades a ler outro libro, así que vou aproveitar para falar do conto que rematou de ler Víctor e que lle encautou. A min tamén me encanta Roald Dahl.






Lembrades aquela pregunta da ficha de biblioteca A QUEN LLE RECOMENDAS ESTE LIBRO? 

Este é o libro que vos recomenda, Víctor:  Agu Trot. 
O señor Hoppy ten dous amores,  as flores e a súa veciña que soamente está pendente da súa tartaruga Alfie. O señor Hoppy quere facer feliz á señora Alfie, que se lle ocorrirá?




Tamén Víctor comparte o debuxo do que falamos hai uns días. Moitos parabéns...é precioso!!!!, e xa te sinto máis cerca porque xa sei onde está a túa casa...seguro que as oito, cando saimos a aplaudir, os teus aplausos xúntanse cos de todos os nenos e nenas e familias deste barrio e dos demáis barrios das cidades. 



Estamos xa en xoves. Temos eduación física polo tanto, xa sabedes!!!! Un tempo para lengua, lingua, mates. 
A ver se alguén me dice en que fichas vai para eu ter tamén coñecemento da vosa evulución. Así que vos mando o CAMBIO-CAMBIO.
Moitos bicos. Bótovos moito de menos💙💚💛💜💖


Como xa rematamos o TECHO DE ESTRELLAS hoxe déixovos o enlace da páxina de onde o saquei para que vós elixades o seguinte. Tendes que poñerme, se podedes, nos comentarios do isidisfrutamos ou polo correo que teñen os papás, un título e o que máis votado sexa vai ser o seguinte. Se non hai respostas entendo que estades a ler libremente. Grazas!!! 

Busca EIQUÍ

Ah, xa queda menos para o cumple de Carlota e Rafa Irijoa

Había una vez un puente

Esta mañana tenéis  una gran sorpresa de los niños de 2º A.
Entre todos y todas escribieron este cuento viajero y os animo a tomar ejemplo con vuestra maravillosa creatividad.
Queremos  felicitaros y os damos las gracias por hacernos tan felices con esta preciosa historia.
Por cierto, estáis guapísimos y guapísimas y ya podéis ver a la profe Luisa, que guapa y qué cerca vive del cole...

Un besito grande de mi parte y de todos los niños y niñas de la isiclase...

mércores, 25 de marzo de 2020

un novo día

Bo día!
Unha mensaxe para a familia:
Colgamos no apartado de segundo na páxina web do colexio, unha
nota informativa.

Moi ben eses calendarios!!!! Xa vexo Xiana, toda a semana verde...vou ter que firmar agora eu os vosos calendarios e darvos os parabéns. Estou moi orgullosa.  💚💖  


Seguimos coas nosas rutinas.
Mirade o horario xa que hoxe temos inglés e sabedes o que tendes que repasar.
En canto ás outras materias temos as fichas de repaso e reforzo ata que empecemos novo tema.

Ao rematar, recreo.
Logo, lectura silenciosa do conto favorito.

Par a última hora da mañá, repasade táboas, cantando con Miliki ou con Clan.
Podedes xogar coas moedas, ou ver algún vídeo...e moito ánimo, que xa rematastes as tarefas!!!

Como estamos á metade da semana podemos facer o exercicio número tres da raniña.  Clica na imaxe para escoitalo e lembra poñerte moi cómodo ou cómoda.

 

Lembrade que hoxe tocan as páxinas 13 e 14 do conto UN TECHO DE ESTRELLAS e con estas páxinas rematamos este libro.
Para rematar o día, unha mensaxe de Eva.


 Bicos e apertas a todos os compañeiros, profesores, a Gatisi e a Duendis. Xa comezou a primavera e por iso, Eva quixo enviar esta foto na que sae  unha das súas árbores preferidas, o salgueiro, brotando. 

martes, 24 de marzo de 2020

Calendario

Bos días!!!

Xa vedes que as nosas rutinas, continúan...

Se na casa non hai impresora, hai que atopar solucións 👀
Por exemplo, ocórreseme que podedes facer como un diario e escribides nel como vos foi o día, tamén podedes debuxar vós un calendario e así repasamos os días da semana e tamén facedes plástica...a ver como me sorpendedes!!!!!!

Lembrade que hoxe é martes, temos educación física e tamén valores, así que hai que facer exercicio e reflexionar un pouco. 


Despois xa tendes o traballo de lengua, lingua e matemáticas que mirades na web do cole. 

Algo de música coa táboa do 3 cantada por Miliki. Tamén estive vendo  que en CLAN que está no enlace da columna dereita, onde están os recursos están todas as táboas en matemáticas. Así que ao gusto de cada un...


Na hora de lectura silenciosa de 12:00h a 12:20h xa sabedes que é lectura libre.

Como tarefa de lectura temos que continuar a ler o conto de UN TECHO DE ESTRELLAS, hoxe tocan as páxinas 11 e 12. 

Bicos e boa tarde, moi soleada, por certo!

luns, 23 de marzo de 2020

Bos días!

Comezamos unha nova semana!!

Que tal estades?

Duendisi xa me conta que estades traballando moito e portándovos moi ben...agora tendes que facer o calendario na casa para cando nos volvamos a ver, comprobar esa cor VERDE en todos os días da semana, na vosa casa.👍 por se alguén o quere imprimir déixovos o de marzo e o de abril.



Aínda ninguén me dixo onde esta GATISI?
A miña Gatisi, está ben e moi interesada polas noticias. Onte, anunciaron que temos que quedar na casa quince días máis, así que imos organizar o tempo para estar coa familia, xogar, ler 


Santi, estou moi contenta do teu comentario no isidisfrutamos. 
Eu estou ben, grazas! e polo que vexo ti, tamén, estudiando o piano, coa obra de Beethoven, para Elisa...




Como imos traballando neses traballos? Podedes contestarme a través dos comentarios, sempre acompañados pola vosa familia, claro!!! e seguir traballando nas tarefas que están colgadas na páxina web do cole, no apartado de 2º 





Lembrade que hoxe toca como tarefa diaria ler dúas páxinas máis do conto "un techo de estrellas"

Tamén hoxe temos inglés, polo que seguide as recomendacións que Carmen puxo na web do cole.







Para facer boa letra e mellorar a ortografía tamén podedes copiar seis líneas e logo facer o debuxo.  

Ademais e co permiso do mestre Armando que xa os nenos e nenas de todos os segundos do Emilia Pardo Bazán, coñecen, vou colgar as cancións que nos enviou de CARLOS CASÁS  e que tanto nos gustan. Armando faloume deste enlace  do colexio Juan Fernández Latorre no que podedes xogar con moitas actividades que vos ensinarán un montón.
Grazas Armando, grazas tamén ao cole Fernández Latorre.



Para seguir co noso proxecto de sabor e saber, hoxe unha receita moi faciliña facilitada por arasaac.org para facer de merenda coa familia. Pódense empregar as froitas que teñamos na casa, por suposto!!!!
Bon proveito.



Ata mañá!!!

sábado, 21 de marzo de 2020

21 de marzo día da poesía

Os nenos e nenas de segundo B teñen unha serie de poesías preparadas para lernos aos compañeiros da clase de Luisa, segundo A e aos compañeiros da isiclase, segundo C

Seguro que pronto faremos esa lectura!!!!.

Mentres tanto, lembramos que hoxe, día 21celébrase o día da poesía, aínda que a poesía existe cada día, cando sae o sol, caen as pingas de auga cando chove ou cando unha planta florece...e seguindo co noso proxecto de Sabor e Saber deixamos uns poemas moi saúdables e sabororos

El cocinero real  de MARÍA NEGRÍN


Viene hoy a este lugar
un cocinero real,
a la princesa y a los reyes
les hará un menú especial.

Serafín, el cocinero,
hace compras de mañana,
frutas frescas y verduras
para hacer comida sana.

La princesa Catalina
tiene mucho que aprender,
solo come golosinas
y eso ¡no puede ser!

Serafín en la cocina
no para de trabajar,
pela patatas, verduras
y un pollo comienza a asar.

El postre es flan casero,
y el zumo ya está exprimido,
A Serfarín cocinar,
le resulta divertido.

Los reyes y la princesa
hoy se van a alimentar
con patatas, pollo al horno
y flan casero, ¡qué manajar!  

la ilustración es de ROFUSZ KINGA


MIGAS DE RISA de Almundna Orellana


Érase que se era
la histora de Elisa,
la pastelera.

Amasaba alegría
Elisa,
de trozo en trozo,
con montañas de harina,
huevo...
¡y migas llenas de risa!  

Milhoja de salsa y fresa
para Señora Tristeza.
Bizcocho  de risa y coco
para Don Paco
¡y poco! 


¡Que de la risa
se cae el moco! 

Érase que se era 
en una asombrosa aldea,
la historia de Elisa,
la pastelera.

La ilustración es de JACQUELINE VAN LEEUWENSTEIN. Agora tendes que buscar e ler máis poesías e podedes copiar algunha e facer un precioso debuxo.


Feliz día da poesía e feliz entrada da primavera.

venres, 20 de marzo de 2020

Dous retos para as familias dende educación física e a biblioteca no emilia pardo bazán

Preme nas imaxes para descubrilos







Estamos de ponte!!!

Bo día!!!

Onte esquecínme de que no cole tiñamos o xoves e o venres de ponte, así que a disfrutar de non traballo!!!

As bibliotecarias publicaron una lectura que os comparto



Agora unha canción en francés cunha letra preciosa que fala de que escribimos nas paredes os nomes das persoas que amamos, mensaxes para os próximos días, escribimos nas paredes a forza dos nosos sonos, as nosas esperanzas en forma de grafitis...a bailar con ela!!!!!


Un vídeo para que lembredes como traballa o ratón Pérez.
Seguro que algún dente caiu ou estará a piques !!!




Aproveito para decirvos que hoxe vin no correo onde están os comentarios que facedes no blogue e que estaban sen publicar. Moitas grazas por eles, porque nos retroalimentamos.💖 Moito ánimo, esperanza e paciencia.

Feliz venres, boa fin de semana e o luns, de novo ao traballo!!!