O MAR NO ARTE
Xa para poñer o broche de ouro ao noso proxecto de MERGÚLLATE imos traballar un pintor no que en toda a súa obra o MAR está moi presente. Estamos a falar de JOAQUÍN SOROLLA.
Imos comezar por coñecelo aínda que xa escoitamos falar del o curso pasado con Emilia Pardo Bazán.
Agora imos visitar o seu museo con nenos e nenas como vos.
Imos emperzar hoxe cunha obra de Sorolla na que o mar é protagonista xunto a un cabalo.
Titúlase: EL BAÑO DEL CABALLO e imos escoitar a explicación de Eva Pérez Romero que é educadora do Museo Sorolla de Madrid.
Con Sorolla imos traballar a técnica da acuarela e imos empregar tamén as ceras ou pinturas. Logo faremos a nosa propia creación desta obra.
Comezamos cun modelo para familiarizarnos co debuxo.
Pintamos primeiro con ceras o corpo do neno en cor carne.
A corda cun tono máis oscuro que a cor carne.
A continuación xogamos cos azuis.
Rematamos cos barcos que se divisan no horizonte.
Agora traballamos nunha copia da obra de Sorolla xa coas acuarelas.
AS NOSAS MANUALIDADES
Valentina nos regala a la isiclase un precioso cuadro de un cangrejo.
Gracias!!!! Precioso.
Gabriel fixo un peixe de papel.
María comeza coa plástica do fondo do mar
TARTARUGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario