Nós visitan

sábado, 25 de febreiro de 2023


 GATISI ESTÁ DESEANDO VOLVER A LA ISICLASE. OS MANDA UN BESO Y LA FOTO QUE HIZO CON ADRI CUANDO FUE DE EXCURSIÓN POR LA RIBEIRA SACRA. 

venres, 24 de febreiro de 2023

 É moi bonita a amizade entre os nenos e nenas da isiclase e tamén conservar os amigos e amigas que temos dende infantil. Alma que nos visita a cotío ten unha amiga especial que é Maia e un amigo moi especial que é Adri.




Hoxe traballamos de novo o rosco de Rosalía e a ver se o facedes xuntos en familia. Quedou moi ben o quebracabezas e ademáis cantamos as cancións dos poemas de Rosalía que nos gustan moito.

Para a fin de semana unha nova canción



e os Bolechas que tanto vos gustan



Na clase de plástica rematamos coa produción de uvas relacionadas co noso proxecto de Patrimonio cos cinco sentidos e Iria Freire nos amosa o seu bonito traballo.





Observamos dende a xanela a parella de pegas que ano tras ano preparan o niño para as súas crías. 




Disfrutemos do vídeo da canción de cumpreanos adicada ao noso compañeiro Izan  



xoves, 23 de febreiro de 2023

rosalía de castro feliz cumpreanos e aventuras variadas



PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES



ROSALÍA PEQUENIÑA









NO BI CO UN CANTAR
 


XOGA AO ROSCO DE ROSALÍA DE CASTRO EN FAMILIA. PREME EIQUÍ


Celebramos o cumpreanos de Izan con moita alegría. MOitos parabéns e grazas polos eduluzamentos con artesanía.










Adri e a súa familia disfrutaron moito por Toledo coñecendo a Don MIguel de Cervantes creador de  Don Quijote de la Mancha.




en Faunia cos animais, unha experiencia única.




Tamén houbo quen aproveitou para comer as sobremesas típicas do entroido e ter encontros inesperados polas terras ourensanas. 




Eu, como os BOLECHAS fun a Canaval, Sober e a Ribeira Sacra dar unha volta para ver os viñedos dos meus vendimadores e vendimadoras.







venres, 17 de febreiro de 2023

CUMPREANOS FELIZ E UN ENTROIDO POLA RIBEIRA SACRA

MOITOS PARABÉNS Á NOSA BENQUERIDA ANTÍA QUE ADEMÁIS É UNHA ANIMADORA NATA. MOITOS BICOS DE TODA A ISICLASE!!! 






DURANTE O TEMPO DA CLASE APRENDEMOS SOBRE A VENDIMA QUE DESPOIS DISFRUTAMOS
 POLAS RÚAS DO BARRIO.




COMO AGORA IMOS IR DE ENTROIDO, FAREMOS A REPORTAXE Á VOLTA, AÍNDA ASÍ UNHA DEGUSTACIÓN DA MARCHA DE HOXE POLO BARRIO.


ESTABAMOS BEN GUAPOS E GUAPAS E REPARTIMOS MOITA LEDICIA POLA NOSA VENDIMA.







FELIZ ENTROIDO PARA TODAS AS FAMILIAS E MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!! 



os bolechas e o entroido

 PARA SABER MÁIS SOBRE OS BOLECHAS E O ENTROIDO PREME NA IMAXE



xoves, 16 de febreiro de 2023

Xoves e derradeiro mandadiño

Coa bandeira galega rematamos os mandadiños do entroido 23


Tamén Gatisi  pasou unha tarde marabillosa con David na asociación Down da Coruña 







Por suposto, Gatisi, na casa,   fai a lectura do conto que levou David da biblioteca tan precioso!!!





e hoxe de volta ao cole e se despide durante un tempo das aventuras na isiclase ata que poñamos máis ATENCIÓN e COMPROMISO nas nosas normas e peticións de Isi. Mándavos un bico miaurrequetemiau. 









mércores, 15 de febreiro de 2023

MÉRCORES E NOVO MANDADIÑO

GATISI DISFRUTA MOITÍSIMO CON TODOS E TODAS E CADA TARDE COMPARTE MOITOS MOMENTOS MARABILLOSOS. HOXE TOCOULLE A IRIA F. 


 


COMO CADA NOVO DÍA BAIXAMOS A LER O MANDADIÑO E LEMBRAMOS QUE O XOVES TEMOS QUE TRAER A BANDEIRA DE GALICIA.




E MENTRES SUBIMOS AURORA E DAVID QUEDARON DISFRUTANDO UN ANAQUIÑO AO SOL E MIRANDO O LIBRO De FESTA en FESTA




ENTRE FESTA E FESTA NESTA isiCLASE AVANZAMOS E APRENDEMOS MOITO.
SÍNTOME MOI FELIZ DA MOTIVACIÓN QUE TEMOS POR LER EN VOZ ALTA . MOITOS PARABÉNS!!!!