Nós visitan

venres, 28 de febreiro de 2020

Entroido 2020

Moitas grazas pola cosa colaboración nos disfraces de entroido.

Pasamos un precioso día xuntos.
Deíxovos o enlace onde podedes ver as fotos e descargalas para ter de lembranza.
Galería de fotos. Podedes facer comentarios que axudan a saber que vedes as fotos 😀










Rosalía

Adicamos tempo para lembrar a nosa Rosalía.
Nuno trouxo o bonito libro con música desta escritora que tanto queremos.

Limos poemas e fixemos a bandeiriña e o marcapáxinas. Moi bo tempo!!!


 Na entada do cole hai outra exposición adicada a Rosalía e baixamos a vela.
Atopamos fotos que gardan relación con poemas de Rosalía e descubrimos poemas feitos por irmáns e irmás dalgún da Nosa clase e de infantil!!!!






xoves, 20 de febreiro de 2020

O entroido chegou á isiclase

Algúns e algunhas atrevidos xa viñeron disfrazados do que quixeron...mañá xa iremos todos.
Sairemos do cole sobre as once.



mércores, 12 de febreiro de 2020

Así se aprenden las tablas de multiplicar

A Edu, como a ti, cóstalle aprender as táboas de multiplicar, sen embargo, atopa formas moi divertidas de facelo.
Cada táboa é unha nova aventura que o convirte en un experto matemático.
As profesoras de segundo volo recomendamos.  
Practicamos a lectura e tamén as matemáticas.

luns, 10 de febreiro de 2020

Atopamos de todo

Dende "o palco da música" Iago contábanos que na fin de semana vai limpar as praias das plantas invasoras e facendo a ruta atopou unha " invasión humana"
Sara atopou musgo e trouxo un ramiño de mimosas flor das acacias, que tamén son invasoras.
Aprendemos moito falando no palco da música

venres, 7 de febreiro de 2020

as plantas

 Disfrutamos en ciencias naturais coas plantas.
Aprendemos moitas cousas e desexamos que a primavera veña axiña para sair ao campo e poder observar de cerca as plantas e as flores.
Ademais temos na clase o aromático xardín de flores  e o noso viveiro de lentellas e fabas.
Lembrade...a ver quen atopa no patio unha cala e a arboriña de camelias!!!




Martina, traballou coa plastilina e fixo dúas magníficas flores.


Fixemos en plástica unha preciosa planta empregando a creatividade de cada un e  que queda exposta no corredoiro para deleite de todos e todas.





Lembrade que o luns imos comprobar todo o que aprendempos.
Feliz fin de semana.

mércores, 5 de febreiro de 2020

cómo comemos?

Se entrades na columna da dereita, PÁXINAS, na entrada titulada OS NOSOS TRABALLOS EN SABOR E SABER, podedes ver a actividade relacionada cunha boa alimentación e as fotos de todas as cousas que fixemos neste rico obradoiro.

Tamén, se baixades no isidisfrutamos, na entrada do Día da Paz, engadimos as fotos dunha cadea humana moi especial.