Nós visitan

luns, 23 de maio de 2016

homenaxe a Manuel María

Cunha gaiola e moitos soños saímos o venres ao patio para celebrar as nosas letras galegas, este ano adicadas a Manuel María.

@s nenos e nenas da clase de Marica cantaron moi contentos o poema do "caracol",  @s da clase de Maite, " o meu burro" e @s da clase de María José cantaron o "cuco cucón".

O resto dos nen@s collemos un barco de xoguete e tamén soñamos viaxando sen saír do noso fogar.

Despois da música representantes das clases leron un soño da gaiola.

Javi, de 4º ao finalizar preguntou que ía pasar co resto dos soños...pois buscaremos un tempo e un espazo para ceibalos e que voen.

venres, 20 de maio de 2016

Para rematar o bonito día de hoxe adicado no noso cole a Manuel María deixóvos esta marabillosa e dulce canción de Guadi Galego.

e buscaremos un momento para ler os soños!!!







Non canta na Chá ninguén,
por eso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!

xoves, 19 de maio de 2016

mirade con quen me atopei!!!!


"Deixade que o voso corazón se abra á beleza deste noso mundo."
Pepa e Xoana...bonitas frases para bonitas niñas!!!

Papá Paco, Xoana e ...

luns, 2 de maio de 2016