Seguimos fieis á nosa cita con Emilia Pardo Bazán...
Participamos na semana número 7 co concurso da biblioteca e algúns de nós levamos unhas lecturas para grabar o luns e participar en Paseando con Emilia
Fixemos o traballo de procura de información para cubrir o cuestionario do concurso e Lucas Cruz foi o encargado de ENVIALO para ver se o fixemos ben e conseguimos o noso premio polo noso esforzo e aprendizaxe.
Xa dixemos na isiclase que como hai unha ponte moi apetecible podedes ir pasear e coñecer a rúa de Emilia Pardo Bazán que se chama así dende o ano 1907. Lembrade que se queredes repasar ou contarlles á familia o que aprendemos podes premer no Proxecto "Paseando con EMilia".
Xogade co google maps nas rúas de Marineda!!!!!
Aproveito para felicitar a todos os JOséS, Josefas, Josiños...que teñades un feliz día!!!!! porque a felicidade está nos momentos cotiás coas persoas que queremos.
Momentos coma estes fan que cada día me sinta máis feliz coa miña profesión!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario