A dona Emilia encantáballe usar os abanos e "paseando con Emilia" aprendimos que Rosalía de Castro dedicoulle a dona Emilia estos versos que Emilia Pardo Bazán imprimiu no seu abano.
MIRADA POLAS MUSAS,
SERVIDA POLAS GRACIAS,
CUN CORAZÓN QUE VIVE DE HARMONÍAS,
NOBRE CANTORA DAS GALLEGAS PRAIAS,
BEN MERECES REINAR COMO REINADES,
MAGNÍFICA, ABSOLUTA, SOBERANA.
No colexio fixemos unha fermosa homenaxe a dona Emilia escribindo nun abano xigante as palabras que definen a esta gran muller.
Na isiclase eleximos a palabra PERSEVERANTE porque así somos nós, traballamos ata chegar á meta, con esforzo e moita ilusión.
Hoxe chegamos á meta participando durante 15 semanas no concurso da Biblioteca Emilia Pardo Bazán. Seguiremos aprendendo desta muller e continuaremos a ler su obra.
Moitos parabéns a todos e a todas que con tanto agarimo esperades a chegada dos xoves para adicar o noso tempo a dona EMILIA PARDO BAZÁN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario