PROXECTOS

venres, 18 de xuño de 2021

hoxe moitas risas, moita alegría e unha grata sorpresa!!!

 Comezamos o día coa alegría de saber que Max cumpre un ano máis. Moitos parabéns!!!






Entrega de carpetas co traballo do trimestre, último libro rematado e o caderno de dona Emilia Pardo Bazán e a carpteta de dona Emilia e os pintores. Orgullosa estou de como traballamos este curso.









 
Momento sorpresa cando Paula Torres foi chamada para ir á entrega do  premio "LEON DOURADO"  símbolo da Biblioteca Emilia Pardo Bazán concedido aos nenos e nenas que máis leron durante todo o curso, llibros da nosa biblioteca. Moitos parabéns. 





Agora a descansar moito na fin de semana e tamén a xogar. Uns bicos de fideos de azucre 🎉🎉🎉🎉 
Para que vos vaiades motivando Julia xa comparte con nós unha nova de lectura para o verán:



Grazas Julia e boas e merecidas vacacións!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario