PROXECTOS

venres, 3 de decembro de 2021

Hoxe é o día INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.
Por eso seguimos a proposta do cole de facernos xuntos unha foto debaixo dun paraugas sentindo que estamos protexidos e que somos un gran equipo.



A profesora Yolanda agasallounos aos mestres e mestras cunha bonita piruleta que fixo moi presente esta celebración e que chamou a atención dos nenos e nenas. Moitas grazas, Yolanda!!!
É moi bonito "endulzar" a vida de todas as persoas e moi especialmente as que como Lorenzo levan o cazo.






Por outra banda Marisol a nosa eficiente limpadora veu á nosa clase para rechear o xel e tamén lle agradecdemos o seu labor diario tendo todo o colexio brilante coma os chorros do ouro. Grazas, Marisol.



  


Por suposto terceiro día de adviento. Emma disfruta do seu agasallo con moita ledicia.



 Agora toca disfrutar duns días de descanso. Facemos as tarefas, xogamos para seguir aprendendo e xogamos un montón.

Vémonos o vindeiro xoves 9 de decembro e xa sabedes que os números, 4- 5- 6- 7 e 8 xunto co 9 terán o seu agasallo de adviento o vindeiro xoves, lembrando que nos aproximamos a data especial do NaDal.

Moitos bicos de azucre para todos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario