No día de hoxe lembramos a importancia de coidar os nosos bosques para evitar incendios e así manter a natureza viva, permitindo que os animais segan a vivir na súa contorna e as plantas medren contentas.
Chus enxeñeira técnica forestal e Mario axudante técnico forestal, a través dun conto, nos ensinaron insectos, aves, e moitos animais do bosque ademáis das árbores que hai neles e como un home cun saco cheo de lume facía moito mal ao bosque ata que conseguiron atrapalo.
O equipo forestal co seu camión para apagar incendios e o equipo de radio foi o máis divertido.
Quedamos ben duchadiños!!!!! e cuns agasallos ben chulos: bolsa, camiseta, unhas landras para plantar un carballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario