PROXECTOS

venres, 21 de outubro de 2022

OUTONO, patrimonio e visita especial

 

Xa disfrutamos do mural de entrada cos traballos en equipo de todo o cole. Nós fixemos as follas de outono que adornan o chan e fixémonos unha foto para o recordo. 





Ademáis, durante esta semana no cole xa empezamos a ter novas sobre o proxecto porque recibimos unha carta que facía unha pregunta e nos fixo pensar...aprendemos unha nova palabra moi parecida a matrimonio (como dícía Iria) aínda que distinta só por unha letra, o P, que xa coñecemos moi ben, é PATRIMONIO.

Preme na imaxe para acceder á páxina onde traballamos o proxecto. 


A visita especial está relacionada coa actividade do vindeiro luns día 24 de octubre data na que se celebra o DÍA DAS BIBLIOTECAS


 Por este motivo os nenos e nenas da clase da profesora Manoli, 3º B , viñeron a visitarnos para presentarse como irmáns ou irmás maiores ou padriños e madriñas para o luns contarnos un conto á hora da lectura. Nos deron un agasallo no que nos dicían como son e ademáis fixeron un bonito debuxo.














Por suposto!!!seguimos coa motivación!!!!💖💖💖💖💖💖
Hoxe me sorprenden Iria e Mar...Leo😂😂😂😂😂😂







Ningún comentario:

Publicar un comentario