Nós visitan

martes, 21 de outubro de 2025

refráns de outono

 


É importante visitar as páxinas do cole porque informan e nos sorprenden con temas do noso interese.

Faime moita ilusión atoparme na páxina do Centro cun vídeo que traballa os nosos refráns moitas veces simpáticos, outras moi reais, outras cheos de retranca...


Lembro nos debuxos que acompañan aos refráns a moitos nenos e nenas da miña promoción 2022/ 2023  2023/2024 que agora están en cuarto e que ilustraron o album tan bonito que vou colgar tamén no isidisfrutamos. Vin os debuxos de Mar, Iria Freire e Iria Lorenzo, Sara, Leo, Adri, Izan, Nerea, Martín, Mateo, Maia...MOITOS PARABÉNS!



Este traballo tan ben feito e sempre coa colaboración do equipo de dinamización da lingua galega do cole, serve de motivación para que todos vós aprendades os nosos refráns na nosa lingua e vos estimulen para facer debuxos coma vós sabedes tamén facer...

Ningún comentario:

Publicar un comentario