Bo día a todos!
Desexo que a fin de semana fose moi boa.
Entramos na recta final
Moitos son os beneficios de cociñar.
Durante este curso, dende a nosa Biblioteca EPB traballamos o proxecto de SABOR E SABER e aprendemos diferentes cousas sobre os alimentos. Lembrades as receitas que fixemos?
Na elaboración dunha receita, aprendemos a desenvolver a COMUNICACIÓN. Vemos na serie como Iago e Sara conversan, razoan e escoitan.
Na elaboración dunha receita, aprendemos a desenvolver a COMUNICACIÓN. Vemos na serie como Iago e Sara conversan, razoan e escoitan.
Tamén melloramos a CONFIANZA EN NÓS MESMOS ao facer tarefas que son de "maiores".
Descubrimos os nutrientes dos alimentos. Traballamos en equipo xa que COOPERAR é importantísimo.
Aprendemos texturas, porque manipulamos diferentes alimentos e o azucre é moi distinto á masa.
Facemos tamén MOTRICIDADE FINA E GROSA fundamental nestas etapas de crecemento.
Nos axuda tamén a probar novos alimentos simplemente polo feito de cociñalos nós.
Ademáis nos proporciona AUTONOMÍA que nos axudará a realizar tarefas como pelar un plátano ou botar azucre ao leite.
Un bico enorme e ata mañá.❤❤
