Nós visitan

Amosando publicacións coa etiqueta PEÓN 13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PEÓN 13. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de novembro de 2013

CANCIÓN DO PEÓN
Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla
ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón. 
Tamén podemos, se queres, probar coa chave
dalle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención. 
E non deixes de xirar e non deixes de xirar.
Fago o camiño como o trompo en San Martiño
fago o camiño e non deixo de xirar (bis) 
Trouxen hoxe dous paus para divertirnos
lanza ao aire a billarda dalle forte co palán. 
Máis tarde poderiamos marchar coas bicis
temos camiño dabondo e diante todo o serán. 
E non deixes de xirar e non deixes de xirar.
Fago o camiño como o trompo en San Martiño
fago o camiño e non deixo de xirar (bis)