Nós visitan

Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO-12 O CINE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO-12 O CINE. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de maio de 2013

Viaje a la luna de Méliès

Como traballamos e estamos a traballar a peli de VIAXE Á LÚA, quero contarvos que Patricia, a mamá de Raquel, envioume un correo contándome esta información que poño a vosa disposición por si algún de vós pode ir velo:
 o  vindeiro 5 de Xuño, no teatro Colón, podedes ver o CINE-CONCERTO GEORGES MÉLIÈS.
Volve o (S8) e faino con máis forza que nunca cunha cuarta edición cargada de novidades. A mostra inaugurarase cun espectáculo inédito en Galicia no que os descendentes de Georges Méliès emprenden una viaxe xunto aos espectadores ás orixes da ficción cinematográfica. Títulos como EL HOMBRE DE LA CABEZA DE GOMA, BARBA AZUL ou a arquicoñecida VIAJE A LA LUNA, componen unha sesión que revive as primeiras proxeccións do cinematógrafo no París de prinicipos do século XX. A narración orixinal, deseñada polo propio Méliès, está interpretada pola súa bisneta MARIE-HÉLÈLNE LEHÉRISSEY. O seu tataraneto, LAWRENCE LEHÉRISSEY, acompaña ao piano cada unha das pezas.

LEMBRADE...MÉRCORES 5 DE XUÑO
HORARIOS: 20:30

martes, 5 de marzo de 2013

Por mis pistolas

No noso proxecto traballamos o xénero do western e vimos a peli de Cantinflas, titulada POR MIS PISTOLAS. Deixo unha escena da peli, que é o duelo final, entre o boticario e o malvado Frank...e hai dous actores que poden ir ensaiando, pero, ollo!!! é un segredo verdade?

mércores, 26 de decembro de 2012

EL PAPAGAYO DEL SEÑOR HULOT

A editorial KALANDRAKA edita un libro titulado O PAPAGAIO DE MONSIEUR HULOT que no cole serviunos para facer un xogo de probas que entregamos na Xanela o último día de clases.
 Os de 4º fixemos a proba de atopar os elementos da peli que aparecen no libro e hai moitísimos!!! Tamén atopamos escenas ruidosas, misteriosas, evocadoras, cómicas. Ademáis atopamos no libro elementos que son da nosa época e que non existían no tempo da peli. Escollemos dúas escenas ruidosas e  de olores das que fixemos unha descripción e finalmente intentamos facer unha canción coa música da peli. Pasámolo de marabilla e aprendemos moitas cousas.




A semana de Jacques Tati

Monsieur Hulot vive nunha casa modesta nun barrio humilde e vai visitar o seu sobriño que vive cos seus pais nun fogar ultramoderno (Vila Arpel). O pai da familia ocupa un alto cargo nunha fábrica de plástico. A casa é fría e contrapón á casa de Monsieur Hulot que se sente incómodo. O seu sobriño non é feliz neste fogar, porque non pode levar aos seus amigos por se rompen algo, monsieur Hulot intentará que mellore esta situación..


A película céntrase no carácter socialmente torpe pero adorable de Monsieur Hulot .
Ao igual que coa maioría das películas de Tati, Mon Oncle é en gran parte unha comedia visual, a cor e a iluminación empréganse para axudar a contar a historia. O diálogo en Mon Oncle é apenas audible, e en boa medida subordinada á función dun efecto de son. Por conseguinte, a maior parte das conversacións non están subtitulados. En cambio, os ruídos da deriva de acaloradas discusións ociosas e sons complementan outras bromas e os movementos físicos dos personaxes, intensificando o efecto cómico. A banda sonora  tamén utiliza a música para caracterizar ambientes, incluíndo un tema musical animado que representa Hulot mundo cómico da ineficiencia e a liberdade.
O seu debut  foi en 1958 en Francia A película foi outro grande éxito para Tati  cun total de 4.576.928 espectadores en Francia. wikipedia.

mércores, 31 de outubro de 2012

 Este ano imos traballar O CINE. Empezamos o curso decorando a porta da nosa clase con debuxos das pelis que máis nos gustan e votamos entre tod@s aos que máis nos gustaron para poñer na portada do noso DIARIO.