Esta mañá comezamos con Rosalía de Castro. Limos o díptico que levamos na fin de semana. Participamos nos diferentes xogos sobre Rosalía e aprendimos e repasamos moitos aspectos da vida desta poeta tan importante na nosa literatura. Cantamos os seus poemas e antes de sair un tempo ao patio fomos ver a exposición dos nosos amigos maiores e tamén irmáns dalgúns de nós.
Moitos parabéns aos alumnos e alumnas de María José na clase de quinto A. Un traballo orixinal e moi ben feito cos poemas da nosa Rosalía.
poema de EMMA a irmá de ÁLVARO
POEMA DE MATEO O FILLO DA MESTRA EVA
POEMAS VARIADOS
TROUXEMOS AS GAFAS E NON NOS FIXEMOS DE ROGAR.
ASÍ O VEMOS NA ENTRADA DO COLEXIO
CHARLOT
MAÑÁ O MANDADIÑO É O SEGUINTE...
Estamos a aprender moitas cousas sobre OS SERES VIVOS empezando polas plantas
Moitos parabéns estimadas familias na implicación nos vosos traballos, cheos de agarimo, agradecemento, admiración, valoración, respeto, amor...para esas mulleres que forman e formaron parte das nosas vidas. Nos enriquecemos e vos enriquecestes...GRAZAS.
Engadimos os debuxos dos grandes artistas da clase. Grazas!!! Son moi preciosos
Debuxado por Francisco Javier, papá de Rocío , é CRISTINA, a mamá de Roció.
Debuxado por Marta, mamá de Roi, representa a todas as mamás que tantas e tantas cousas teñen no seu pensamento.
Debuxado por Mara, mamá de Juan, é a avoa AMELIA coa súa neniña Mara.
Debuxado por Sara, mamá de Adri, é a avoa RAMONA, sempre cosendo para toda a familia.
Debuxado por Edu, papá de Valentina, é a avoa mestra de Lugo, rodeada de todos os seus alumnos e alumnas e a avoa viaxando en tren.
Debuxado por Christian Alexander, papá de Christian, é a mamá KATIUSKA
Debuxado por JOSÉ, papá de Sergio, é a avoa ESTRELLA, moi satisfeita por criar aos seus tres fillos moi independentes.
Debuxado pola mamá de Iván, orgullosa de Baba.
Mulleres increíbles da familia de Emma
Un traballo ben entrañable!!!!!
Recoñecemos tamén coma uan muller a ROSALÍA DE CASTRO e coa canción de Uxía titulada Rosalía pequeniña fixemos as nosas visións dela a través da creatividade.