Nós visitan

martes, 31 de marzo de 2020

Bo día!!!

DEBIDO A UN ERRO INFORMÁTCIO DE COMPLEXA EXPLICACIÓN 😍 HOXE ESTA ENTRADA XA SAE PUBICADA NESTE INTRE!!!!

Como sabedes, a actividade  do "palco da música"  para aprender a falar en público co obxectivo, entre outros, de perder o medo escénico,  é os luns.  

É de agradecer a vosa resposta a participar dende a  vosa casa, nesta actividade voluntaria no tempo  de "paradón"  como di a nosa protagonista de hoxe.

Neste tempo de  "quedonacasa" vou colgar o palco da música dos que queredes contar o voso día.

Tal  e como o practicamos na isiclase, lembrade falar claro, facer os xestos necesarios cando falades.
Neste caso, como non temos ao público diante, tendes que  mirar á cámara que é onde nós estamos para vervos e sorrir, moi importante, sorrir!!!!

O estades a facer, moi ben!



Avanzamos...martes 31de marzo. A piques de empezar xa Abril. 

No horario temos lengua, matemáticas, naturais, educación física  e valores.

Seguimos o noso ritmo. Comezamos xa a lectura do libro elexido.

Logo facemos as materias que nos tocan según onde vaia cada un ou cada unha.

Recreo

Para valores hoxe outro corto 



Moitos bicos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario