Nós visitan

luns, 23 de marzo de 2020

Bos días!

Comezamos unha nova semana!!

Que tal estades?

Duendisi xa me conta que estades traballando moito e portándovos moi ben...agora tendes que facer o calendario na casa para cando nos volvamos a ver, comprobar esa cor VERDE en todos os días da semana, na vosa casa.👍 por se alguén o quere imprimir déixovos o de marzo e o de abril.



Aínda ninguén me dixo onde esta GATISI?
A miña Gatisi, está ben e moi interesada polas noticias. Onte, anunciaron que temos que quedar na casa quince días máis, así que imos organizar o tempo para estar coa familia, xogar, ler 


Santi, estou moi contenta do teu comentario no isidisfrutamos. 
Eu estou ben, grazas! e polo que vexo ti, tamén, estudiando o piano, coa obra de Beethoven, para Elisa...




Como imos traballando neses traballos? Podedes contestarme a través dos comentarios, sempre acompañados pola vosa familia, claro!!! e seguir traballando nas tarefas que están colgadas na páxina web do cole, no apartado de 2º 





Lembrade que hoxe toca como tarefa diaria ler dúas páxinas máis do conto "un techo de estrellas"

Tamén hoxe temos inglés, polo que seguide as recomendacións que Carmen puxo na web do cole.







Para facer boa letra e mellorar a ortografía tamén podedes copiar seis líneas e logo facer o debuxo.  

Ademais e co permiso do mestre Armando que xa os nenos e nenas de todos os segundos do Emilia Pardo Bazán, coñecen, vou colgar as cancións que nos enviou de CARLOS CASÁS  e que tanto nos gustan. Armando faloume deste enlace  do colexio Juan Fernández Latorre no que podedes xogar con moitas actividades que vos ensinarán un montón.
Grazas Armando, grazas tamén ao cole Fernández Latorre.



Para seguir co noso proxecto de sabor e saber, hoxe unha receita moi faciliña facilitada por arasaac.org para facer de merenda coa familia. Pódense empregar as froitas que teñamos na casa, por suposto!!!!
Bon proveito.



Ata mañá!!!

1 comentario: