Bo día!
Continuamos a traballar.
Na páxina web do cole estanse preparando xa materiais para estes días que estamos separados físicamente e conectados "virtualmente"e todo o profesorado traballando en facilitar tarefas para seguir co noso obxectivo común: a educación dos nosos nenos e nenas.
É importante que fagamos as nosas rutinas e organicemos un tempo para as tarefas do cole. Lembrade que tódolos días estamos xuntos cinco horas, cun recreo polo medio para xogar, merendar, movernos e logo vinte minutos de lectura silenciosa...podedes seguir o horario de clase...
Nos tres segundos(A-B-C) están preparados materiais, tipo dos que xa traballamos cada día cos nenos e nenas, traballos de matemáticas, lingua galega, lingua castelá, plástica, inglés, sen esquecer algo moi importante que é a educación física!, que están xa colgados na PÁXINA WEB DO CENTRO. grazas ao "colgador" do noso cole.👍💋💚💚
Quero deixar hoxe a foto de Martina que o venres 13 "celebrou" o seu cumpreanos e trouxónos a súa ledicia e unhas galletas boísimas que compartiu cos compañeiros.
Moitos parabéns bonita!!!! un cumpreanos para lembrar.
Tamén vos recomendamos adicar ao longo da semana algunha sesión de tranquilos e atentos coma unha rá, que tanto lles gusta.
Eiquí está a canle no que están todos os audios: clicando na imaxe atoparédelos para facer xuntos.
En canto á lectura diaria, ademáis dos contos que hai na casa, podedes empezar unha nova historia titulada UN TECHO DE ESTRELLAS.
Podes descargalo clicando na imaxe do conto ou lelo na propia páxina.
Podemos ler dúas follas cada día...
Gracias Isi, intentaremos hacerlo bien! Un saludo
ResponderEliminarGracias a ti. Si es posible identificaos al escribir porque desconozco quien envía el mensaje. Saludos.
ResponderEliminar