Nós visitan

mércores, 25 de marzo de 2020

un novo día

Bo día!
Unha mensaxe para a familia:
Colgamos no apartado de segundo na páxina web do colexio, unha
nota informativa.

Moi ben eses calendarios!!!! Xa vexo Xiana, toda a semana verde...vou ter que firmar agora eu os vosos calendarios e darvos os parabéns. Estou moi orgullosa.  💚💖  


Seguimos coas nosas rutinas.
Mirade o horario xa que hoxe temos inglés e sabedes o que tendes que repasar.
En canto ás outras materias temos as fichas de repaso e reforzo ata que empecemos novo tema.

Ao rematar, recreo.
Logo, lectura silenciosa do conto favorito.

Par a última hora da mañá, repasade táboas, cantando con Miliki ou con Clan.
Podedes xogar coas moedas, ou ver algún vídeo...e moito ánimo, que xa rematastes as tarefas!!!

Como estamos á metade da semana podemos facer o exercicio número tres da raniña.  Clica na imaxe para escoitalo e lembra poñerte moi cómodo ou cómoda.

 

Lembrade que hoxe tocan as páxinas 13 e 14 do conto UN TECHO DE ESTRELLAS e con estas páxinas rematamos este libro.
Para rematar o día, unha mensaxe de Eva.


 Bicos e apertas a todos os compañeiros, profesores, a Gatisi e a Duendis. Xa comezou a primavera e por iso, Eva quixo enviar esta foto na que sae  unha das súas árbores preferidas, o salgueiro, brotando. 

4 comentarios:

  1. Hola Isi! Gracias por todalas ideas e propostas que nos fas cada día...Costa un pouco manter o ritmo do cole na casa...sobretodo cando hai irmáns pequenos. Hai que organizar ven o tempo para facer os traballos de clase, axudar un pouco en casa, xogar, facer exercicio...Pero coa práctica melloraremos...Moito ánimo para todos!!

    ResponderEliminar
  2. Qién eres??? Recordar que tenéis que identificaros. Mucho ánimo y poco a poco, con mucha tranquilidad y además intentando disfrutar dentro de lo que supone esta situación. Besos y mucho ánimo, sí señores!!!!

    ResponderEliminar
  3. Me parece que puedes ser DANIELA????

    ResponderEliminar