Nós visitan

martes, 5 de maio de 2020

martes, 5 de maio de 2020


Bo día
que tal foi este tempo de vacacións?

Seguro que me queredes contar o que fixestes estes días e o xeito de  conseguilo é facendo un borrador por escrito, explicandoo todo






incluso, é posible facer un teatro coa axuda dun irmán ou irmá, os papis...preparar un conto...ao rematar o traballo grabades  un vídeo expoñendo ese traballo para toda a clase. Despois mo enviades e rexistrámolo como un traballo máis... 

Fixádevos  no exemplo das participacións que fixestes no "xuizo ao lobo", que están moi ben feitas e moi ben explicados os argumentos...

Así traballamos igualmente a linguaxe oral, tanto en galego coma en castelán e a lingua escrita na preparación do que ides grabar. 

É un traballo opcional, voluntario e que seguro motiva a moit@s para variar os traballos das "fichas"

Hai un conto editado por un dos nosos compañeiros titulado "EL PÁJARO SIN FAMILIA" feito con ilusión e co compromiso de compartilo coa isiclase, en canto me chegue o publico. Ánimo!


Lembrade que hoxe é martes, temos educación física e tamén valores, así que hai que facer exercicio e reflexionar un pouco.

Recibín respostas á miña proposta de enviar a vosa particular maneira de facer exercicio , hoxe temos a de Miguel...


a ver quen se anima a enviar a súa particular maneira de facer exercicio ademáis do traballo que vos envía o profe Carlos.


Para VALORES hoxe suxiro outro corto para que pensedes. Puxémolo na nosa clase fai tempo, aínda que faltaban nenos e nenas ese día, por iso, hoxe é un bo momento para que o vexamos tod@s de novo.



Lembrade, tedes dúas opcións para esta semana e podedes elexir unha: 

  • Facer as fichas da web 
  • Facer o traballo de grabación de vídeo contando as vacacións dende o venres 1 de maio ao luns 4 de maio.


Hai noticias de Lore e Lili e me din que...

NESTA SEMANA  SEN FALLA TEREMOS VEREDICTO FINAL!!!


Moitos parabéns ao traballo desenvolvido para esta actividade. Todo suma!!!!


Ainda está o prazo aberto para  a participación na actividade do museo de belas artes. Ánimo que moitos compañeir@s da clase xa o enviaron ao correo do museo  e mandaron copia para a isiclase.
Xa puxemos o de Nuno, hoxe tócalle o turno ao de Eva...mañá...máis




Un bico grande e ata mañá!!! se Deus quere.💙💙💙💙

Ningún comentario:

Publicar un comentario