Nós visitan

mércores, 30 de novembro de 2022

Moitas GRAZAS

 A nosa Gatisi é unha privilexiada e quero agradecer ás familias os vosos coidados con ela e o COMPROMISO adquirido tan importante na isiclase.  

Comezamos con Sabela que fixo unha preciosa composición con Gatisi polo noso barrio

 
na súa casa 


facendo as tarefas diarias


Continuamos con Sergio e con Antía que ten moitas máis experiencias que iremos mostrando pouco a pouco


Agora compartimos a historia de Gatisi con Diego na fin de semana que foi coma un agasallo do cumpreanos

O venres Gatisi acompañou a Diego a recoller un agasallo da man da alcladesa INÉS REY  por participar nun programa do concellos no que os nenos e nenas enviaban cartas contando as súas experiencias de verán en galego. 



Despois disfrutaron dun concerto de Pakolas 





Pasou pola biblioteca para aconsellarlle un libro que ao parecer foi moi interesante






O sábado levouna  á estación do tren para vela e recoller aos seus avós que tamén a coñeceron!!!!


Gatisi estivo moi atenta á receita que estaba a facer Diego para elaborar un rico biscoito



O domingo practicamos un pouco co violín porque a música nos encanta.




Finalmente chegou o luns e xa voltamos á isiclase con moitas ganas de ver a Isi, aos compañeiros, ao monosílabo e aprender moito moito para seguir crecendo e avanzando. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario