É moi bonita a amizade entre os nenos e nenas da isiclase e tamén conservar os amigos e amigas que temos dende infantil. Alma que nos visita a cotío ten unha amiga especial que é Maia e un amigo moi especial que é Adri.
Hoxe traballamos de novo o rosco de Rosalía e a ver se o facedes xuntos en familia. Quedou moi ben o quebracabezas e ademáis cantamos as cancións dos poemas de Rosalía que nos gustan moito.
Para a fin de semana unha nova canción
e os Bolechas que tanto vos gustan
Na clase de plástica rematamos coa produción de uvas relacionadas co noso proxecto de Patrimonio cos cinco sentidos e Iria Freire nos amosa o seu bonito traballo.
Observamos dende a xanela a parella de pegas que ano tras ano preparan o niño para as súas crías.
Disfrutemos do vídeo da canción de cumpreanos adicada ao noso compañeiro Izan
Ningún comentario:
Publicar un comentario