Nós visitan

luns, 29 de setembro de 2014

no palco da música

HOXE, COMO TODOS OS LUNS, NO PALCO DA MÚSICA, CONTAMOS AS NOSAS HISTORIAS DA FIN DE SEMANA E MIRA POR ONDE!!! PATRI FOI A CASA GRANDE DE XANCEDA, QUE MOITOS NENOS E NENAS DA CLASE TAMÉN COÑECEN











DEIXAMOS AS FOTOS QUE PATRI QUERE COMPARTIR CON NÓS.


A PAISAXE

PRAIA DAS LAPAS EN A CORUÑA
ESTAMOS A TRABALLAR AS PAISAXES NA CLASE DE COÑECEMENTO E XA APRENDEMOS QUE AS PRAIAS FORMAN PARTE DAS PAISAXES DE COSTA.

A MAMÁ DE LOLA, FIXO ESTE VERÁN UN FERMOSO VÍDEO EN CAMBADOS NO QUE PODEMOS VER A SUBIDA E A BAIXADA DA MAREA, AS MARISCADORAS TRABALLANDO E UNHA LEMBRANZA TAMÉN ÁS POÉTICAS METEREOLÓXICAS POLA BELEZA DAS IMAXES!!!

COMPARTÍMOLO PARA DISFRUTALO E APRENDER MÁIS SOBRE A NOSA MARABILLOSA PAISAXE DE COSTA.

mércores, 17 de setembro de 2014

BENVIDOS Á ISICLASE

OLA A TODAS AS FAMILIAS:











XA LEVAMOS UNHA SEMANA DE ASISTENCIA AO COLE, NA QUE IMOS COLLENDO POUCO A POUCO O NOSO RITMO, AÍNDA QUE CON ESTE CALOR VAINOS COSTANDO.

ESTAMOS MOI CONTENTOS DE ESTAR XUNTOS DE NOVO, AÍNDA QUE BOTAMOS MOITO DE MENOS A BELÉN E LEMBRÁMONOS IGUALMENTE DE DAVID.

TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO CHAMADO ÁLEX, QUE SEGURO XA OISTES FALAR DEL.













COMO É HABITUAL EN NÓS, QUEREMOS EMPEZAR O NOSO CURSO CON MOITA ENERXÍA POSITIVA E MOITOS DESEXOS DE MEDRAR, FÍSICAMENTE E TAMÉN INTERIORMENTE.

luns, 30 de xuño de 2014

ATA MOI PRONTO e feliz NON CUMPREANOS!!!!

Meus neniños e neniñas máis lindos e lindas...

Esta é a última entrada do curso 2013/2014 na que vos desexo un moi feliz verán.

Disfrutade moito: ride, bailade, falade, xogade...e regresade en setembro,  cos vosos sorrisos e a vosa forza.

Un bico moi moi grande da vosa iSi.

Cando Pablo, Anzuly, Natalia, Carmela e Elena cumplades os vosos anos lembrade que seguramente unha fadiña azul estará revoloteando polo voso lado.

Ah, moitos biquiños e apertas de GATISI.

preme eiquí e disfruta da festa dos nenos que celebraron o FELIZ NON CUMPREANOS

sábado, 21 de xuño de 2014

HOXE NACE O VERÁN.

Siegfried Linke




DILLE ADEUS Á PRIMAVERA ENTRE ANDURIÑAS E 

MAPOULAS ESPECTANTES POR VER O ESTRENO DO 

VERÁN...COMECEMOS A PINTALO. 

venres, 20 de xuño de 2014

POÉTICAS METEREOLÓXICAS

QUERIDAS FAMILIAS:



Xa podedes ver a mostra da exposición das POÉTICAS METEREOLÓXICAS que seguro que as persoas que por motivos diversos non puidéchedes vir, encantaravos vela.




Se entrades no blogue da biblioteca Xanela tamém podedes ver as publicacións da  VOZ DA ESCOLA, en relación a este tema.

domingo, 8 de xuño de 2014

LECTURA DE COSAS DE OTRO PLANETA

Como sabedes os rapaces da isiclase estiveron durante todo o curso traballando a LECTURA e foron Belén, Patri e Iria San Miguel,  as que quixeron ler na XANELA o cual produciume moitísima satisfacción. 
Como somos un gran equipo todos quixemos participar nela dalgún xeito e como o teatro é tan importante para nós, decidimos que tod@s iamos aportar o noso gran de area.

Como xa veredes nas entradas anteriores houbo moitos sentimentos xerados a partir desta lectura e quedan no noso corazón como algo inolvidable.

Preme na LUSCA para ir á XANELA e velos.


martes, 3 de xuño de 2014

SILVIA, una poli local especial

Especial porque nos regaló una sonrisa fantástica a lo largo de todo el tiempo y nos enseñó con entusiasmo y cariño.

Nos hizo muchas preguntas y ella nos enseñó muchas cosas. En lugar de "sancionarnos"  nos  "felicitó"  por cumplir tan bien las normas.

Nos enteramos de algunos secretillos de casa, como que a veces no nos ponemos el cinturón, o que por las prisas no respetamos los semáforos...y llegamos a la conclusión de que no cuesta tanto, dejar un poco las prisas y respetar las normas de tráfico.

Lo pasamos muy bien!!!

Gracias, Silvia, de parte de tod@s. 


luns, 26 de maio de 2014

O OFICIO DE OLEIRO...

COMO EN ANOS ANTERIORES, JULIO E PEPE, VIÑERON AO COLE PARA QUE PUIDÉSEMOS APRENDER UN POUCO MÁIS SOBRE UN OFICIO QUE FORMA PARTE DA NOSA CULTURA.

AL-FAHHAR, PALABRA ÁRABE QUE SIGNIFICA "LA CERÁMICA"

A ALFARERÍA É O ARTE DE ELABORAR OBXECTOS DE BARRO COCIDO.

OS HISTORIADORES AFIRMAN QUE A ALFARERÍA NACE  FAI UNS 12.000 ANOS EN XAPÓN.

O PROCESO DE ELABORACIÓN COMEZA CO AMASADO, COMO DIXO JULIO, DO BARRO.


DESPOIS, EMPEZA O MODELADO MANUAL, AGREGANDO AUGA.

FINALMENTE A PEZA DÉIXASE AO AIRE LIBRE PARA QUE SEQUE, POR ISO AS PEZAS AÍNDA ESTÁN NA CLASE.

DESPOIS PÓDESE PINTAR.

POIS EIQUÍ TENDES A MOSTRA DO QUE FIXEMOS.












xoves, 22 de maio de 2014

TRABALLANDO A POESÍA

Empezamos polos HAIKUS




NÓS TRABALLAMOS HAIKUS A TRAVÉS DAS FOTOGRAFÍAS...

TE ATREVES A DEBUXALOS???? PODE SER UNHA BOA IDEA PARA AS PORTADAS, VERDADE?



qué É A POESÍA  para ti???


POR ONDE EMPEZAMOS?


POR LER POESÍA...OS POEMAS DE SHEL SILVERSTEIN GUSTAN MOITO


POESÍA INFANTIL E XUVENIL

  • FAI XOGOS DE RIMAS E RITMO, FACENDO QUE APLAUDAN E MARQUEN O RITMO CO PÉ MENTRES LEN O POEMA. FAI RUÍDO, PERO É MOI EFECTIVO.



  • BUSCAR IDEAS AO TEU ARREDOR. FACER LISTA DE OBXECTOS E LOGO ESCRIBIR POEMAS ACERCA DELES.

  • XOGADE CON SÍMILES, COMPARANDO AS COSAS...LA NUBE É TAN BRANCA COMO A NEVE, O SOL É IGUAL QUE UNHA BÓLA ARDENDO...

  • ESCOITA MÚSICA. AS LETRAS DAS CANCIÓNS SON COMO POEMAS CON MÚSICA. ATRÉVETE A CANTAR OS POEMAS QUE ESCRIBES. ESCOITA OS HAIKUS DAS LETRAS GALEGAS COA MÚSICA EVOCADORA DE SENTIMENTOS.

  • ALENTA OS NEN@S A EXPLORAR SENTIMENTOS A TRAVÉS DA ESCRITURA DA POESÍA, PORQUE PROVÉ UNHA CANLE DE DESCARGA SEGURA E CREATIVA PARA DESCRIBIR EMOCIÓNS.


MOITO ÁNIMO E A DISFRUTAR DA POESÍA. BICOS.





















FOTOGRAFÍA EN CURS

Ola a tod@s:

Xa saíu publicada no blogue de fotografía en curs a entrada do traballo feito no primeiro ciclo. 

Se queredes vela, ide á columna da dereita, de FOTOGRAFÍA EN CURS, e xa a veredes.

Moitas grazas pola vosa colaboración. 
Podedes facer  comentarios, que sempre resultan enriquecedores. Bicos.

mércores, 21 de maio de 2014

haikus nas letras galegas

Os haikus, como xa sabedes, son poemas de orixe xaponés que tratan sobre a natureza.
Dado que no noso proxecto traballamos o universo, e dentro del a metereoloxía, pensamos que para celebrar as letras galegas, nós, o  PRIMEIRO CICLO,  iamos facer unha tarefa como a de Díaz Castro: TRADUCIR.

A esa tarefa, engadimos o traballo de ter que escoller un haiku que gardase relación coa foto elexida, pensando, sendo coherentes, entendendo o significado...e así o fixemos, e ademáis o fixemos  moi, moi ben.

Logo aprendémolo  de memoria e o recitámolo diante da cámara para facer un vídeo e mostralo aos nosos compañeir@s do cole.

A música que escollemos garda tamén moita relación coas imaxes e o texto. Unha titúlase AMANECER e a outra O SON DO AR.


Como sempre desexamos que o disfrutedes.