Os nenos e nenas da isiclase son persoas que enchen as nosas vidas de alegría e satisfacción ao comprobar coa sua dedicación, compromiso e lealtad, que se convertiron en seres competentes para levar a cabo todo o que se propoñan guiados por por vós, as familias, por nós, os mestres e mestras que os acompañarán na súa aprendizaxe e para os que manteñan o Duendisi no corazón, seguirán ilusionados pola maxia en todo o que fagan.
Moitas grazas meus queridos nenos e nenas, moitas grazas miñas queridas familias, moitas grazas Isabel polo teu fiel compromiso no que a implicación de todas as partes ten como froito a unión de grandes lazos afectivos entre todos nós, feliz cumpreanos Daniela, moitas grazas pola oportunidade de adicarnos a ti no teu cumpre.
Sara, estou totalmente de acordo contigo...quen dixo que a maxia era fácil?
Que ningún ser malvado, por terrible que este sexa, limite as nosas capacidades e domine a maxia dos nosos pensamentos e sexamos quen de seguir explorando e tomando decisións impulsad@s polo esforzo, para que todo o que facemos teña resultados máxicos no noso proceso de aprendizxe.
Hoxe é un día moi especial para Santi porque celebra o seu cumpreanos e a entrada á pandilla do oito. Toda a isiclase te enviamos un bico grande. Grazas fiel Isabel polo maravilloso compromiso de facernos moi felices e grazas tamén aos comprometidos isiclaseros.
Tamén hoxe é o día do Carmen polo que vos desexamos moitos parabéns a todas as Cármenes, Carmiñas ou Carmelas. Que pasedes un FELIZ día, familias.
13 de Xullo, día especial xa que Xiana Pallas xa entra a formar parte da pandilla do oito da isiclase e faino en pleno verano disfrutando coa familia e amigos. Dende o lugar no que cada un estamos te desexamos un moi feliz cumpreanos. Te queremos, Xiana, que linda es!
Moitas grazas Isa polo teu fiel compromiso. Es un exemplo para tod@s. Moitas grazas familias porque hoxe facemos moi feliz á nosa Xiana Pallas.
Empezamos as recomendacións dende a isiclase cunha moi boa de Xiana Pallas e que adica a tod@s e en especial a Xandre de 2ºA DENDE A NOSA BIBLIOTECA EPB o seu equipo nos recomenda esta selección de lecturas
Dende a biblioteca Municipal chegan estas outras recomendacións
Neste caso, LA ESCOBA, non é para varrer, senón para repasar o cálculo mental.
Cando xogo coa miña nai, que é especialista neste xogo, sempre me gaña!!! e a Nico????
Fascínanche os réptiles e os anfibios? Gustaríache dedicarche ao seu coidado ou traballar en centros que estudian o coidan estas especies? Co curso de Miguel de HERPETOLOGÍA, podes iniciarte neste mundo para logo profundizar.
ATENCIÓN!!!
Como de costume, MAÑÁ SÁBADO ás catro e media sesión de tarde estreno
Sentádevos nun sofá cómodo, collede un refresco, palomitas e imos á sesión de cine...moitos bicos
A POESÍA É A MANIFESTACIÓN A TRAVÉS DA PALABRA DOS SENTIMENTOS E REFLEXIÓNS QUE PODE EXPRESAR UNHA PERSOA COMA ROSALÍA DE CASTRO.
Os cans son pequenos anxos e non o digo en ton de burla. Aman incondicionalmente, perdoan inmediatamente, son amigos verdadeiros dispostos a facer calquera cousa que nos faga felices. Jonathan Carroll.
As árbores son unhas plantas increíbles e cada unha delas son un ecosistema que temos que coidar como elas nos coidan a nós, pois sen o osíxeno que expulsan as súas follas, a vida na Terra sería moi distinta. Sen elas o planeta sería un deserto.
Se tes espazo para colocar unha piscina desmontable é a mellor idea para que os nenos pasedes un verán divertido e en remollo evitando as aglomeracións...hainas de moitas formas (cadrada, rectangular, redonda, hexagonal) e tamén tamaños (pequenas, grandes) e distintos materiais...
Nos cursos de agricultura preténdese que @ alumn@ coñeza unha forma respetuosa co medio ambiente de realizar agricultura. A normativa sobre agricultura ecolóxica establece as condicións para que un cultivo pódase certificar como procedente da agricultura ecolóxica. Este curso capacita a todos aqueles interesados en conocer os fundamentos da produción agrícola.
En Harry Potter, a trama flúe con facilidade, e recompensa aos lectores que se fixan nos pequenos detalles, pois acaban sendo puntos moi importantes máis adiante na historia.
Hai moitas historias coma o do traidor que corrompe e divide a un grupo de amigos, o dos rebeldes que se marxinan da sociedade para loitar contra a autoridade establecida pero corrupta e sobre todo, a historia de aprendizaje onde os nenos crecen e maduran a través de todo tipo de experiencias para converterse finalmente en adultos. AVISO IMPORTANTE: HOXE AS CATRO E MEDIA UNHA NOVA ENTREGA NO ISIDISFRUTAMOS DE "PLASTICADAS"
A experiencia vivida nesta idade deixa unha pegada que con tempo transfórmase en aprendizaxe.
Nas ciencas, o experimento é a ferramenta didáctica por excelencia que perdurará co transcurso dos anos xenerando unha investigación activa, divertida e práctica.
Hai moitos aspectos beneficiosos de facer exercicios en circuito como traballar os músculos, aforrar tempo, gasto calórico...
Moi importante para debuxar é facilitarvos, aos nenos e nenas, un espazo na vosa habitación ou zona de xogos para que debuxedes, con todo o necesario, como unha caxoneira ou estoxo para gardar as pinturas e experimentando técnicas e distintos tipos de materiais.
Durante este curso, dende a nosa Biblioteca EPB traballamos o proxecto de SABOR E SABER e aprendemos diferentes cousas sobre os alimentos. Lembrades as receitas que fixemos?
Na elaboración dunha receita, aprendemos a desenvolver a COMUNICACIÓN. Vemos na serie como Iago e Sara conversan, razoan e escoitan.
Tamén melloramos a CONFIANZA EN NÓS MESMOS ao facer tarefas que son de "maiores".
Descubrimos os nutrientes dos alimentos. Traballamos en equipo xa que COOPERAR é importantísimo.
Aprendemos texturas, porque manipulamos diferentes alimentos e o azucre é moi distinto á masa.
Facemos tamén MOTRICIDADE FINA E GROSA fundamental nestas etapas de crecemento.
Nos axuda tamén a probar novos alimentos simplemente polo feito de cociñalos nós.
Ademáis nos proporciona AUTONOMÍA que nos axudará a realizar tarefas como pelar un plátano ou botar azucre ao leite.
Lonxitude, altura e profundidade son as tres dimensións que forman a representación TRIDIMENSIONAL como é na nosa realidade.
A diferenza entre dúas e tres dimensións está na PROFUNDIDADE, que non está nunha fotografía plana. Un cadrado ten DÚAS DIMENSIÓNS en cambio o cubo é TRIDIMENSIONAL.