Nós visitan

martes, 14 de febreiro de 2023

martes de entroido

Entramos na isiclase así de preparad@s





Hoxe moi guapiños e guapiñas ademáis das pencas o noso mandil e...mañana levamos un pano na cabeza.



Día do amor e a amizade e moi orgullosa do moito agarimo dos meus neniños e neniñas.



 
PREME NA IMAXE PARA XOGAR COS DISFRACES DE EDAGAR E LAURA.



luns, 13 de febreiro de 2023

no palco da música novo mandadiño e canción

Os luns subimos ao palco da música para falar en público e contar as experiencias da fin de semana. Entre moitas vivencias Sergio e Antía contáronnos que foron á neve, cada un coa súa familia.
Disfrutaron motísimo desa marabillosa experiencia. Grazas por compartila!!!!!













Hoxe viñemos coas pencas 







e Gatisi tamén disfruta do entroido



MARTES 13 FACEMOS O MANDADIÑO 


GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA LECTURA COS VOSOS FILLOS DA VENDIMA NA RIBEIRA SACRA.

Xogamos ao pasa palabra do entroido e agora o reto é facelo en familia e aprender moitas cousas sobre o entroido en Galicia...probade!!!!


do libro que limos o luns temos a canción...






venres, 10 de febreiro de 2023

iniciamos xa co entroido e tarefa para a familia

Moi contentos baixamos á entrada para ver o primeiro mandadiño e aproveitamos para ler un libro moi chulo con máscaras e instrumentos propios do noso folklore








SE QUERES APRENDER SOBRE O ENTROIDO PREME NA IMAXE E ACCEDE A MÁIS INFORMACIÓN 


  e accede aos mandadiños entrando na páxina web do cole 
Estamos traballando no proxecto do PATRIMONIO COS CINCO SENTIDOS e por iso decidimos ir de vendimadores e vendimadoras
 Falamos desto na clase e agora falade tamén na casa que seguro que mamás e papás e os avós e avoas tan importantes nas nosas vidas,  sabedes moitas cousas da vendima.

Moi boa fin de semana.

mércores, 8 de febreiro de 2023

continuamos avanzando

 practicamos tamén na casa con David

ca-co-cu-que-qui 

ha-ho-hu-he-hi




e repasamos tamén cantando e bailando





LUGARES DA CIDADE

LUGARES DA CIDADE EPISODIO 1



LUGARES DA CIDADE EPISODIO 2




LUGARES DA CIDADE EPISODIO 3


LUGARES DA CIDADE EPISODIO 4


martes, 7 de febreiro de 2023


Lectura en voz alta por antiguas alumnas de la isiclase, Carlota y Xiana, actualmente cursan 5º de primaria. 
Muchas gracias por estas iniciativas tan bonitas y motivadoras para todos nosotros. 






 

luns, 6 de febreiro de 2023

luns 6 de febreiro

 Como sabedes estamos a ler e escribir os contos de Bubela seguindo a orde das letras que traballamos e aprendemos. 

Fixemos xa o conto de O LEITE DE ADELA.

Levámolo para casa e lembrade expresar por detrás do conto como lemos na casa coa familia. 😊😑😞


Gatisi segue a disfrutar cos amigos e amigas da isiclase. Neste caso foi con Maia que nos envía as súas aventuras. Grazas!




Maia fálanos do paque ao que foron coa familia e Gatisi que podedes ver premendo na imaxe 





  e tamén con Leo no  parque  POPEYE



chega a noite e .... a que sabe a lúa?


imos de compras




mércores, 1 de febreiro de 2023

Hábitos saudables

Apredemos importancia de ter na nosa vida cotiá unha serie de HÁBITOS SAUDABLES e o mellor que podemos facer é levar á práctica o que aprendemos porque é a mostra de que entendemos a teoría e a levamos á práctica e para mostra...Gatisi e Iria Lorenzo facendo deporte 



e preparados para durmir que é outro hábito moi saudable que todos temos facemos moi ben. 



e tamén Adri


Iguamente que Antía



Imos escoitar e ver de novo o vídeo para lembrar o que aprendemos.


tamén o noso amigo Camaleón e as naturais ciencias


e ademáis...



martes, 31 de xaneiro de 2023

luns e a paz

 Entrar pola mañá con Gatisi e coa alegría de David é unha marabillosa maneira de empezar o luns e  unha nova semana 

                                    









Traballamos sobre a paz moitas cousas e aprendemos os símbolos que se empregan e de onde veñen.




Todo o colexio despois do recreo e cun día marabilloso saímos á pista de baloncesto co mar de fondo a cantar "hoxe estamos de festa" e a bailar 



e ao rematar o cole voltamos á casa

















luns, 23 de xaneiro de 2023

fin de semana

 Esta fin de semana foi moi produtiva para todos e especialmente para David que levou a Gatisi e tivo a oportunidade de ver a magnífica batería de David e ademáis escoitar o conto da biblioteca que levou para casa .







Por outra banda Adri foi visitar coa súa familia unha exposición na fundación Barrié de la Maza

 


comparte con nós algúns momentos que xa nos contará el mesmo



e ademáis como xa estamos aprendendo a ler moi ben descobre moitas moitas cousas.