Nós visitan

martes, 4 de marzo de 2014

entroido 2014

Todos os nenos do cole percorren os corredoiros  para facer un desfile sobre o UNIVERSO:  os do primeiro ciclo, vestímonos de fenómenos metereolóxicos: arcos da vella, chuvia, nubes, raios, soles, lúas e todo iso na atmosfera da terra.

Os de tres anos son estreliñas, 
os de catro anos, son astronautas, os de cinco anos, marcianiños.


Os do segundo ciclo, convertéronse en astrónomos e os maiores, do terceiro ciclo, son científicos, un pouco tolos, por certo!!! 


Logo comemos produtos da nosa gastronomía típica do entroido: filloas, rosquillas, orellas...galletas, biscoitos. Todo boísimo!!! Botamos moito de menos a presenza física das familias, aínda que estabades en espíritu polas vosas numerosas achegas: axuda nos obradoiros, nos disfraces, nas comidas e no voso apoio.  

Un bico e a seguir gozando destas festas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario