Nós visitan

martes, 29 de abril de 2014

Unha mañá no planetario

Como xa vos contarían os nenos e nenas, onte, luns 28 de abril,  fomos á CASA DAS CIENCIAS,visitando ademáis o planetario  e aprendimos moitas cousas...

"Tivestes algunha vez as estrelas ao alcance da man? Credes que é posible alcanzalas...? Tocalas? Unha vez viviu alguén que podía facelo, alguén que estaba afeito a pasear entre estrelas. Ese alguén era unha nena, a Nena que sabía camiñar ao revés.

A Nena que sabía camiñar ao revés é un personaxe moi especial... Ela coñece os segredos que garda a Lúa, sabe escoitar ás mareas, e adoita falar coas árbores... Pero o que máis lle gusta facer é comer torta cos seus amigos mentres contempla o ceo estrelado. Quizais por iso hai tempo que aprendeu a camiñar ao revés, para poder ter sempre o ceo baixo os seus pés."


preme na imaxe e lembra un anaco da historia...

h

1 comentario:

  1. Espero que o pasaran todos moi ben aprendendo cousas sobre o universo! Eu vou alí algunhas veces co meu pai e coa miña irmá, pero tamén fun nalgunha saída.

    ResponderEliminar