O vindeiro xoves 11, ás 20:00 horas e despois de vir dun día de excursión marabilloso, podemos ir ver a presentación do libro "CADROS DUNHA EXPOSICIÓN", da editorial KALANDRAKA.
O escritor José Antonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas ofrecen unha guía aos lectores, polo museo de San Petesburgo, contemplando as pinturas de Hartmann e durante o seu percorrido literario e visual, tamén é posible escoitar fragmentos da suite creada por Mussorgsky en memoria do seu amigo, interpretada pola filarmónica de Nova York baixo a dirección de Giuseppe Sinopoli.
Na FUNDACIÓN LUIS SEOANE, que tanto coñecemos, o quinteto de metais HÉRCULES BRASS ofrecerá varias composicións deste destacado músico ruso, que pertenecere ao GRUPO DOS CINCO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario