Laura dende hoxe xa ten seis anos!!!!
Moitos parabéns.
Dende o palco da música contounos que recibiu varios parabéns a través duns vídeos por parte dos seus avós e da súa amiga Emma.
Tamén hoxe foi un día moi especial porque nos tocaba biblioteca á hora do recreo e fomos tod@s.
O 30 de setembro tivemos a formación para saber como estar e movernos na biblioteca.
Hoxe vimos moitos contos e algúns de nós xa levamos algún libro de préstamo.
Lembrade que podedes telos sete días, disfrutalos e coidalos e aproveitar a que os papás ou os avós, incluso os irmáns volo lean antes de ir para a cama.
Ningún comentario:
Publicar un comentario