Nós visitan

venres, 12 de marzo de 2021

para as familias

Venres, 12 de marzo...fai un ano que recibimos a noticia de ter que confinarnos na casa. O tempo transcurre e imos avanzando con esperanza e  moita ilusión. 


Unha doce canción para esta nova fin de semana coa deliciosa voz de Lia Pamina e a elegancia e inspiración de Charlie Mysterio e Roger Arias ( Os Peregrinos) para darnos esta pequena e exquisita xoia. Un tema inspirado na obra da poeta Rosalía de Castro, onde se unen os sons folclóricos, música brasileira e infinitamente exquisitos arranxos.

"Follas Novas" podería usarse para definir que é a beleza. É tan simple que desarma.
Arpexios delicados, harmonías de ilusión, un coro impecable que coroa perfectamente o siginificado de toda a canción. É unha demostración lúcida e maxistral de que cando a poesía e a música danse a man, a súa asociación poder ser tan poderosa como a da imaxe e o son.

É imposible escapar da emoción.





Para lembrar a importancia de esoitar...hoxe en VALORES

Estupenda fin de semana...le,xoga,disfruta,descansa e volta o luns con moitas ganas de seguir avanzando. Bicos!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario