O mércores 12 de maio todos nos sentimos da familia de Emilia Pardo Bazán e participamos da ledicia de achegarnos en directo "virtual" á Casa Museo desta gran muller para escoitar as lecturas e opinións dos nosos nenos do colexio en representación do noso centro.
As dez e cuarto, Aurora, a nosa directora veu buscar a Rocío.
Cando Rocío chegou este gran equipo aplaudimos a súa marabillosa intervención e ela contounos como o viviu.
Antes de ir grabar á radio "Emilia na onda" ven visitarnos Xulia Santiso directora e conservadora da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán. Sorpresa!!!!
Adicounos o libro que Rocío nos dixo que era para a nosa clase.
DISFRUTADE MOITO DESTES DÍAS DE DESCANSO E CELEBRADE O DÍA 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS CONSTIUÍDO COMA FESTIVIDADE DENDE O ANO 1991 💋
Ningún comentario:
Publicar un comentario