Estamos moi ledos de comezar unha nova andadura e facémolo con ilusión e cun marabilloso sorriso coma o de Martina que celebra con nós o seu cumpreanos. Moitos parabéns!
A semana pasada empezamos coñecéndonos e para iso falamos dun personaxe que se chama Uxío e que ten na súa cabeza un cerebro cheo de pensamentos, ideas, xogos, amigos, comidas, películas, música...coma nós. Por iso empezamos falando dos nosos gustos para coñecernos.
Esta é a súa portada e se clicas nela podes saber máis do libro.
Cando escoitamos sobre Uxío, pensamos en varias cousas que nos gustan e as contamos uns aos otros e xa nos coñecemos algo máis.
Escoitamos sobre o calendario do comportamento e fixemos a nosa tarxeta persoal, con nome e data de cumpreanos.
Ademáis practicamos a fila para respectarnos e manter a distancia axeitada e o fixemos moi, moi ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario