Agora estamos en segundo e tamén tivemos a visita dos nosos novos amigos maiores de terceiro que nos trouxeron unha preciosa carta presentándose e que nos encantaron, por iso, tamén lle imos dar a nosa carta o luns vindeiro.
Con eles disfrutaremos da escoita dun conto que nos lerán con motivo do día das Bibliotecas e tamén nos acompañarán na volta ao cole na Camapaña de loita contra a leucemia infantil.
Por certo, a semana que ben, empezamos a levala para casa!!!!
Olliño co compromiso e a responsabilidade.
Un día moi especial no que recibimos a visita de Laura que celebra o seu cumpreanos. Moitos parabéns preciosa!!!
antes...o celebramos así
tempos difíciles...
e aínda así...felices
e cheos de ilusión...sempre acompañados de GatIsI
estamos traballando en Naturais o tema de ASÍ SOMOS
Temos diferencias no nome, na forma de ser e no aspecto físico, aínda que como podemos ver, temos moitos gustos en común. 😂
Xa tivemos a FORMACIÓN DE USUARIOS da Biblioteca e comezamos a ir.
Temos un día fixo que é os luns para ir ler e coller préstamos para levar para casa. Podemos telos na casa unha semana ou traelos antes e devolvelos.
Un bico enorme, boa fin de semana, coidádevos moito e disfrutade da fin de semana. Somos un equipazo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario