No curso 2016/2017 no noso colexio, estréase por primeira vez a obra titulada OS TRASNOS ZAPATEIROS unha adaptación en galego dun conto dos irmáns Grimm coa que participaron no certame de teatro Candilejas Don Bosco.
A persoa que adaptou o conto é María Jesús López Vila, mestra que tiven o privilexio de coñecer xusto o ano que me incorporei ao Emilia Pardo Bazán.
Un dos obxectivos desta mestra tan querida e valorada pola súa gran calidade humana e traxectoria profesional é levar a cabo a actividade de teatro de xeito inclusivo, motivador, enriquecedor, divertido, serio, fomentando o uso do idioma galego e facendo que o nenos e nenas aprendan e desenvólvanse mentres actúan, acadando que todos se sintan importantes, valorados e seguros de sí mesmos nun proceso de esforzo, constancia e paciencia.
O ilustrador Carlos Galego é o autor deste cartel que nos anuncia o próximo evento teatral ao que estamos convidados e ao que temos que asistir coa entrada.
Moitos parabéns a todo o equipo de teatro do colexio que dende que se inicia o curso xa está preparando a obra teatral e parabéns a todo o alumnado que se comprometeu para preparase ata este momento tan desexado por todos.
É un traballo en equipo de toda a comunidade educativa que fomenta vínculos moi fortes.
Nas festas do barrio xa houbo algunha breve actuación
Unha aperta



Ningún comentario:
Publicar un comentario