Na isiclase compartimos momentos marbillosos que nos axudan a sentirnos ben e felices...momentos como cando Alejandra está con nós coa profesora Yolanda.
Momentos como cando nos deixaron xuntarnos a todos os compañeiros de segundo volvendo a xogar cos amigos de sempre dende que estabamos en infantil.
Momentos nos que disfrutamos das vistas que temos dende o patio...
e as vistas dende a isiclase...
somos moi privilexiados!!!!
Momentos nos que compartimos as nosas cousas...
Momentos de Gatisi que xa está desexando que leve a maleta de contos para a isiclase...
Momentos cheos de ilusión por aprender cousas sobre o noso proxecto...O MAR
A todos e a todas, grazas por encher de momentos máxicos a isiclase. Boa fin de semana e moitos bicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario