Hoxe estivemos traballando como rematar unha historia cando aparecen os puntos suspensivos...
Dende a Biblioteca temos unha proposta que xa está colgada dende o día 14 e remata o venres 22.
Anímovos a participar dado que tamén as familias podedes facer cos nenos a partires da frase
“para non flotar sen rumbo como un tapón de cortiza no mar”
preme na imaxe para saber máis
Por outra banda, o día 24 de outubro é o día das bibliotecas e para tal celebración dende a Biblioteca do cole tamén temos varias propostas.
Animádevos a participar en familia !!!
Preme na imaxe para saber máis.
1. Describe, enumera, debuxa… como quererías que fose a túa biblioteca ideal no colexio, que recursos, espazos, como se distribuiría, pensa o que farías nela.
2. Cóntanos algo que aprenderas, alguén a quen coñeceras, que descubriras, lugares aos que viaxaras… a través dunha biblioteca.
3. Como sabedes na biblioteca ordénanse os libros segundo o abecedario segundo o apelido do autor/a e o título do libro, por iso vos pedimos que nos enviedes un Abecegrama, trátase dun texto no que cada palabra ten que seguir a orde do alfabeto, podedes facelo en galego, castelán ou inglés.
A LOCALIDADE E OS SERVIZOS
xoga!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario