Nós visitan

luns, 29 de setembro de 2014

no palco da música

HOXE, COMO TODOS OS LUNS, NO PALCO DA MÚSICA, CONTAMOS AS NOSAS HISTORIAS DA FIN DE SEMANA E MIRA POR ONDE!!! PATRI FOI A CASA GRANDE DE XANCEDA, QUE MOITOS NENOS E NENAS DA CLASE TAMÉN COÑECEN











DEIXAMOS AS FOTOS QUE PATRI QUERE COMPARTIR CON NÓS.


A PAISAXE

PRAIA DAS LAPAS EN A CORUÑA
ESTAMOS A TRABALLAR AS PAISAXES NA CLASE DE COÑECEMENTO E XA APRENDEMOS QUE AS PRAIAS FORMAN PARTE DAS PAISAXES DE COSTA.

A MAMÁ DE LOLA, FIXO ESTE VERÁN UN FERMOSO VÍDEO EN CAMBADOS NO QUE PODEMOS VER A SUBIDA E A BAIXADA DA MAREA, AS MARISCADORAS TRABALLANDO E UNHA LEMBRANZA TAMÉN ÁS POÉTICAS METEREOLÓXICAS POLA BELEZA DAS IMAXES!!!

COMPARTÍMOLO PARA DISFRUTALO E APRENDER MÁIS SOBRE A NOSA MARABILLOSA PAISAXE DE COSTA.

mércores, 17 de setembro de 2014

BENVIDOS Á ISICLASE

OLA A TODAS AS FAMILIAS:











XA LEVAMOS UNHA SEMANA DE ASISTENCIA AO COLE, NA QUE IMOS COLLENDO POUCO A POUCO O NOSO RITMO, AÍNDA QUE CON ESTE CALOR VAINOS COSTANDO.

ESTAMOS MOI CONTENTOS DE ESTAR XUNTOS DE NOVO, AÍNDA QUE BOTAMOS MOITO DE MENOS A BELÉN E LEMBRÁMONOS IGUALMENTE DE DAVID.

TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO CHAMADO ÁLEX, QUE SEGURO XA OISTES FALAR DEL.













COMO É HABITUAL EN NÓS, QUEREMOS EMPEZAR O NOSO CURSO CON MOITA ENERXÍA POSITIVA E MOITOS DESEXOS DE MEDRAR, FÍSICAMENTE E TAMÉN INTERIORMENTE.