Nós visitan

luns, 26 de maio de 2014

O OFICIO DE OLEIRO...

COMO EN ANOS ANTERIORES, JULIO E PEPE, VIÑERON AO COLE PARA QUE PUIDÉSEMOS APRENDER UN POUCO MÁIS SOBRE UN OFICIO QUE FORMA PARTE DA NOSA CULTURA.

AL-FAHHAR, PALABRA ÁRABE QUE SIGNIFICA "LA CERÁMICA"

A ALFARERÍA É O ARTE DE ELABORAR OBXECTOS DE BARRO COCIDO.

OS HISTORIADORES AFIRMAN QUE A ALFARERÍA NACE  FAI UNS 12.000 ANOS EN XAPÓN.

O PROCESO DE ELABORACIÓN COMEZA CO AMASADO, COMO DIXO JULIO, DO BARRO.


DESPOIS, EMPEZA O MODELADO MANUAL, AGREGANDO AUGA.

FINALMENTE A PEZA DÉIXASE AO AIRE LIBRE PARA QUE SEQUE, POR ISO AS PEZAS AÍNDA ESTÁN NA CLASE.

DESPOIS PÓDESE PINTAR.

POIS EIQUÍ TENDES A MOSTRA DO QUE FIXEMOS.












xoves, 22 de maio de 2014

TRABALLANDO A POESÍA

Empezamos polos HAIKUS




NÓS TRABALLAMOS HAIKUS A TRAVÉS DAS FOTOGRAFÍAS...

TE ATREVES A DEBUXALOS???? PODE SER UNHA BOA IDEA PARA AS PORTADAS, VERDADE?



qué É A POESÍA  para ti???


POR ONDE EMPEZAMOS?


POR LER POESÍA...OS POEMAS DE SHEL SILVERSTEIN GUSTAN MOITO


POESÍA INFANTIL E XUVENIL

  • FAI XOGOS DE RIMAS E RITMO, FACENDO QUE APLAUDAN E MARQUEN O RITMO CO PÉ MENTRES LEN O POEMA. FAI RUÍDO, PERO É MOI EFECTIVO.



  • BUSCAR IDEAS AO TEU ARREDOR. FACER LISTA DE OBXECTOS E LOGO ESCRIBIR POEMAS ACERCA DELES.

  • XOGADE CON SÍMILES, COMPARANDO AS COSAS...LA NUBE É TAN BRANCA COMO A NEVE, O SOL É IGUAL QUE UNHA BÓLA ARDENDO...

  • ESCOITA MÚSICA. AS LETRAS DAS CANCIÓNS SON COMO POEMAS CON MÚSICA. ATRÉVETE A CANTAR OS POEMAS QUE ESCRIBES. ESCOITA OS HAIKUS DAS LETRAS GALEGAS COA MÚSICA EVOCADORA DE SENTIMENTOS.

  • ALENTA OS NEN@S A EXPLORAR SENTIMENTOS A TRAVÉS DA ESCRITURA DA POESÍA, PORQUE PROVÉ UNHA CANLE DE DESCARGA SEGURA E CREATIVA PARA DESCRIBIR EMOCIÓNS.


MOITO ÁNIMO E A DISFRUTAR DA POESÍA. BICOS.





















FOTOGRAFÍA EN CURS

Ola a tod@s:

Xa saíu publicada no blogue de fotografía en curs a entrada do traballo feito no primeiro ciclo. 

Se queredes vela, ide á columna da dereita, de FOTOGRAFÍA EN CURS, e xa a veredes.

Moitas grazas pola vosa colaboración. 
Podedes facer  comentarios, que sempre resultan enriquecedores. Bicos.

mércores, 21 de maio de 2014

haikus nas letras galegas

Os haikus, como xa sabedes, son poemas de orixe xaponés que tratan sobre a natureza.
Dado que no noso proxecto traballamos o universo, e dentro del a metereoloxía, pensamos que para celebrar as letras galegas, nós, o  PRIMEIRO CICLO,  iamos facer unha tarefa como a de Díaz Castro: TRADUCIR.

A esa tarefa, engadimos o traballo de ter que escoller un haiku que gardase relación coa foto elexida, pensando, sendo coherentes, entendendo o significado...e así o fixemos, e ademáis o fixemos  moi, moi ben.

Logo aprendémolo  de memoria e o recitámolo diante da cámara para facer un vídeo e mostralo aos nosos compañeir@s do cole.

A música que escollemos garda tamén moita relación coas imaxes e o texto. Unha titúlase AMANECER e a outra O SON DO AR.


Como sempre desexamos que o disfrutedes.



mércores, 14 de maio de 2014

UNHA MAÑÁ NO MUSEO DE BELAS ARTES



ARTE EN MOVEMENTO

Nivel 1º ciclo de primaria

Duración 1 h 30 min

Obxectivos

- Iniciarse e familiarizarse cos museos
- Coñecer de primeira man diferentes manifestacións artísticas que se produciron ao longo do tempo
- Interpretar as imaxes na procura do significado da representación artística
- Estimular a imaxinación e a creatividade a través da observación dos cadros e esculturas
- Fomentar a participación e o diálogo dentro do grupo


Desenvolvemento da actividade

Neste percorrido veremos cadros e esculturas ‘en movemento’, nos que se representa unha acción. Pezas de diferentes épocas e estilos a través das cales os alumnos terán que descubrir que é o que a imaxe nos está a narrar.

A través dos cadros Aquiles descubrindo a Ulises e A caída de Ícaro, coñeceremos fascinantes historias da mitoloxía grega. A pintura costumista tamén xoga un papel importante neste percorrido, no que comentaremos obras como os Os xogadadores de cartas e O boieiro Castelán.

Dentro da arte contemporánea e actual, coñeceremos algunhas pezas nas que xoga un papel fundamental a estimulación da observación e da imaxinación como unha forma de achegarse ao mundo da arte. A Mariña Surrealista de Urbano Lugrís, a serie On the Move de Roberto González e a Nora para xentís peixes e xentís sonos de Paco Pestana serán algunhas das pezas que tamén traballaremos no percorrido. 

No obradoiro traballamos cunha lámina de A tenda de Carlos Maside, que teremos que encher de cores a través da pintura e do collage.

venres, 2 de maio de 2014

fotografía en curs

QUERIDAS FAMILIAS: 

XA TEMOS UNHA ENTRADA DAS FOTOS, DE 1º E 2º,  DE SEMANA SANTA, COLGADAS NO BLOGUE DE FOTOGRAFÍA EN CURS.

SON PRECIOSAS E INVITAN A EXPRESAR MOITOS SENTIMENTOS. GRAZAS A TOD@S POLA VOSA MARABILLOSA COLABORACIÓN. 

UN BICO.

NA COLUMNA DA DEREITA TENDES O ENLACE Á PÁXINA.