Nós visitan

mércores, 29 de setembro de 2021

Manchas Negras, outono e niño...

Estos son os debuxos de Manchas Negras e Ratón Pérez que fixeron os nenos e nenas que agora están xa en 5º...cando os fixeron tiñan a misma idade que vós.






Sorpresa! como me pedides ao facer o calendario unha canción nova...mañá...unha nova para vós. 

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA...O OUTONO




Xiana trouxo moi contenta o niño dun paxaro. Na isiclase temos un paxariño que quixo probalo e gustoulle un montón.




Con este motivo, lembramos a visita da profesora Dolores para ensinarnos outro niño de codornices. 


Tamén a parella de pegas fixo o curso pasado un niño enfrente xusto da nosa clase.



luns, 27 de setembro de 2021

as nosas motivacións

A nosa fin de semana sempre trae sorpresas ao palco da música. Nesta ocasión Martina nos fixo de agasallo unha bonita paisaxe enmarcada. Grazas!!!!   





Leo ao que lle encantan as aventuras fixo a espada máis poderosa do mundo mundial.




Unha bonita visita de Iván que foi alumno da isiclase e agora está no 2º C. Trouxo un debuxo do fondo marino co vocabulario en inglés. Grazas Iván e que precioso.



 

venres, 24 de setembro de 2021

Venres de outono

 Puxéronse de acordo?


Esta fin de semana temos un tempo para disfrutar en familia facendo bonitas actividades...dende isidisfrutamos propoñemos...


Moitos bicos 😘😘😻😻

mércores, 22 de setembro de 2021

cumpreanos feliz...cumpreanos feliz...

 Celebración de novo cumpre para VALENTINA  acompañada do peluche que ela elexiu para un momento tan especial.



Unha nova manualidade feita con agarimo e compartida con todos nós. Preciosa!!!


Tamén Rubí trouxo un bonito agasallo para a isiclase, un bufo feito por ela que tamén explicou no palco da música para todos os compañeiros e a profe. Que bonito!!!!



un volcán en erupción...aprendemos

Estamos ao día coas noticias. Falamos dela e aproveitamos para aprender un montón de cousas sobre os volcáns. Falamos do periódico e falamos da noticia.


El volcán en CUMBRE VIEJA entra en erupción en la isla de LA PALMA


que é un volcán?


PARTES DUN VOLCÁN 


 

martes, 21 de setembro de 2021

21 de setembro e nova celebración!!!!

 Si hoxe Roi recibe 15 caramelos polo seu cumpre e dalle 5 de agasallo ao seu irmán, cántos caramelos lle quedan?  este é outro dos problemas que podemos inventar para a RESTA...resta que repasamos na isiclase

15-5=10

Felicitamos con moitos parabéns a Roi polo seu cumpre (a miña irmá María e tamén a algunha mamá da clase)

 Moitos parabéns para Roi e demáis cumpreaneiras.




podedes xogar coas decenas de onte  e hoxe ademáis coas restas...



 e despois de repasar podes xogar facendo o puzle do dinosaurio que elixas.






luns, 20 de setembro de 2021

luns, 20 de setembro

 Xa comezamos a practicar a falar en público dende o "palco da música" e o facemos co saudo inicial e contando a nosa fin de semana. Polo de agora é voluntario...





estamos a lembrar as decenas e as unidades e estivemos xogando, así que deíxovos o enlace para que sigades a practicar na vosa casa para avanzar.

CLICA ENRIBA DA IMAXE E XOGA...A VER SE CONSIGUES O 10/10


Moito ánimo o esforzo da bos resultados. Bicos.

venres, 17 de setembro de 2021

xoves, 16 de setembro de 2021

Os libros motivan

 Gabriel levou para casa un libro de traballos manuais e coa axuda da mamá fixeron uns bonitos paxariños.

Grazas por compartilos!




mércores, 15 de setembro de 2021

cumpreanos e sorpresa

 Imos medrando e hoxe unha nova celebración...a de Paula. Moitos parabéns!!!

Endulzamento e eleximos peluche...nin máis nin menos que o noso oso panda...



a sorpresa ven da man de Alexa, compañeira da isiclase no curso pasado.

Moitas grazas polo teu agasallo.




Hoxe aprendemos a debuxar un libro para a nosa portada. Deixámolo no isidisfrutamos para practicar. O certo e que temos grandes debuxantes!!!!


para aqueles que queirades avanzar vos deixo as instruccións para facer un libro aberto.




Bicos!!!!

luns, 13 de setembro de 2021

Benvidos ao novo curso na isiclase

Estamos moi ledos de comezar unha nova andadura e facémolo con ilusión e cun marabilloso sorriso coma o de Martina que celebra con nós o seu cumpreanos. Moitos parabéns!



Martina é a primeira cumpreaneira que ten a sorte de ter a Gatisi nas súas mans, que é a mascota que nos acompaña cada curso.




A semana pasada empezamos coñecéndonos e para iso falamos dun personaxe que se chama Uxío e que ten na súa cabeza un cerebro cheo de pensamentos, ideas, xogos, amigos, comidas, películas, música...coma nós. Por iso empezamos falando dos nosos gustos para coñecernos.


Esta é a súa portada e se clicas nela podes saber máis do libro.



Cando escoitamos sobre Uxío, pensamos en varias cousas que nos gustan e as contamos uns aos otros e xa nos coñecemos algo máis.



Escoitamos sobre o calendario do comportamento e fixemos a nosa tarxeta persoal, con nome e data de cumpreanos.


Ademáis practicamos a fila para respectarnos e manter a distancia axeitada e o fixemos moi, moi ben.