Nós visitan

martes, 30 de abril de 2013

venres, 19 de abril de 2013

traballando en equipo



Hoxe, despois do recreo estivemos facendo varias cousas, e as fixemos en EQUIPO que é como máis nos gusta traballar. 
 Por un lado rematamos a maqueta do relevo que comezamos o xoves e que fixemos en plastilina. Outro grupo coloreu o anuncio da Xanela para celebrar o vindeiro día do libro e outros nenos traballaron coas nenas de 5º, Raquel, Antonela e Andrea en facer marcapáxinas para colaborar no proxecto semente e poder vendelos para recaudar cartos.
Foiun día MARABILLOSO !!!

elementos da paisaxe


xoves, 18 de abril de 2013

VISITA A VOZ AUDIOVISUAL...

O martes, 15 de Abril os de 4º fixemos unha visita a Voz Audiovisual para ver como é o escenario no que se roda a serie de televisión galega PADRE CASARES ou tamén os escenarios doutra serie como é MATALOBOS. Aprendemos moitos truquiños e gustounos moito.
Deíxovos unha mostra do que vimos e fixemos.

empezamos a REPASAR

domingo, 14 de abril de 2013

Descubrindo as mensaxes

Dende Terranova chegaron ás praias galegas, unhas botellas que contiñan unhas mensaxes procedentes duns nenos e nenas, fillos de galegos, que viven nas costas canadienses e que dende as bibliotecas municipais pedíronnos axuda para responder. Por este motivo, onte, 11 de Abril, os de 4º fomos á Biblioteca de Monte Alto onde, Alicia e Inés, fixeron da mañá de onte, unha mañá moi especial.
Dicía Marina, que se sentía feliz e o certo é que todos pasámolo xenial!!!
Tamén teño que dicir que sentinme moi orgullosa cando Alicia e Inés dicían que os rapaces do Sanjurjo eran uns "expertos" no tema da Biblio, pois moitos xa sabedes  o que é a CDU, o texuelo, as cores que se empregan, as letras que veñen escritas neles...e ademáis agora xa sabedes buscar un libro por internet.



No blogue da Xanela hai uns enlaces na columna da dereita onde tendes varias bibliotecas e podedes entrar-tamén está a de Monte Alto)
Despois de repasar o funcionamento da Biblio, Alicia e Inés, ensiránnos as botellas e empezamos a coller as mensaxes que viñan dentro para buscar as informacións que os rapaces de Terranova pedían. Nas fotos podedes ver como se moven os vosos fillos por ese espazo. 
Por certo!, os que no son SOCIOS, levaron SOLICITUDES para facerse. Cando as teñades, xa sabedes. Incluso vós tendes moito material para disfrutar.
A película, Mon oncle, que vimos en Nadal , podedes collela e vela en familia, sobre todo nestas fins de semana nos que a chuvia non cesa.


Ah! Tamén quero felicitarvos polo comportamento dos vos@s fill@s. Xa lles felicitei na clase e expliqueilles, que a min, ademáis de saber de coñe, ou de linguas ou de mates, o que máis me gusta é QUE SAIBAN SER PERSOAS... e asegúrovos que a colaboración, a axuda e o equipo, xunto coa alegría dos meus querid@s nen@s,  foron elementos que me fixeron crecer un pouco na miña labor de mestra.

mirade que bonito!!!

Estaba buscando información sobre o relevo de Galicia e pensaba na paisaxe que temos na nosa marabillosa comunidade e que a pesar de que chove e chove,  segue a ser preciosa. Entón pensei nun vídeo que me ensinou unha boa amiga e que quero compartir con todos vós. A música é un rap, que xa sabedes que tamén me encantan e ademáis está en francés. Titúlase RESPIRE...que é un imperativo: da unha orde: respira!!!
Da moito en que pensar e tamén reflexionar.





mércores, 10 de abril de 2013

RELEVO DE GALICIA

Atrévete a buscar en Galicia elementos do relevo...
Clica enriba da palabra  MAPA e proba.

Outros exercicios para practicar...clica enriba de ANAYA en entra nas actividades.

cumple de Raquel

Raquel cumpliu 10 anos...van medrando os nosos nenos e nenas.
Unha tarta moi rica que nos comemos en menos que canta un galo.
Moitas felicidades e que o disfrutedes!!!!